O Partido pola Democracia (en , PPD) é un partido político chileno socialdemócrata de centroesquerda que se autodefine como democrático, progresista e paritario.
Foi fundado o 15 de decembro de 1987 mediante un acto liderado por Ricardo Lagos, Sergio Bitar e Jorge Schaulsohn no Círculo Español de Santiago. No discurso de constitución, Lagos explicitou que o carácter deste partido era instrumental, xa que buscaba unificar votos para o plebiscito de outubro de 1988, que tiña por obxectivo decidir sobre a continuidade da ditadura militar de Augusto Pinochet, e que o seu principal obxectivo era a reconstrución da reconciliación nacional, polo que se postulaba como un "partido sen fronteiras ideolóxicas". O PPD participou na formación da Concertación de Partidos pola Democracia en 1988, formando parte das sucesivas administracións desta coalición política que gobernaron Chile entre 1990 e 2010.
No ano 2012, o partido uniuse á coalición Por un Chile xusto. A partir de abril de 2013, forma parte da Nova Maioría e como tal, integra o segundo goberno de Michelle Bachelet (2014-2018) en varios postos ministeriais. Dende o 11 de marzo de 2018, toma lugar como oposición no segundo goberno de Sebastián Piñera. A súa organización xuvenil é a Juventud PPD.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Internacional Socialista
Ligazóns externas Páxina web oficial do partido
Categoría:Partidos políticos de Chile