William Champion, nado en Southampton (Hampshire) o 31 de xullo de 1978, é un músico inglés, batería de Coldplay.

Traxectoria Foi criado no barrio de Highfield, próximo á Universidade de Southampton onde seu pai, Timothy Champion, é profesor de Arqueoloxía.

De rapaz as influencias de Champion foron Tom Waits, Nick Cave e a música folk irlandesa. Aprendeu a tocar o piano e o violín ós oito anos e a guitarra ós doce. Antes de entrar en Coldplay tocaba nunha banda chamada Fat Hamster. Foi o último en unirse á banda no 31 de xullo de 1997. Fíxoo como batería sen ter experiencia previa pero logo aprendeu. En 1999 o cantante Chris Martin botouno pero a banda pediulle que volvese pouco despois. É considerado o racional do grupo. Din de el que é moi sensato e cando hai que tomar decisións é moi bo dando ideas e mantendo a todos centrados. Con frecuencia ten o voto decisivo e ás veces a súa opinión vale máis que o consenso dos máis. Chris Martin dixo en varias ocasións: 'Todos traballamos para Will Champion'.

A nai de Champion, Sara, Doutora en Arqueoloxía Prehistórica, morreu de cancro no ano 2000. O disco Parachutes está dedicado a ela.

Will foi o primeiro membro de Coldplay que casou. Fíxoo con Marianne Dark en 2003. O seu primeiro fillo, unha nena chamada Ava, naceu o 28 de abril do 2006. O 7 de maio de 2008 tiveron xemelgos: Juno e Rex.

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Southampton Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Baterías Categoría:Coldplay