Ȁ ȁ Ȅ ȅ Ȉ ȉ Ȍ ȍ Ȑ ȑ Ȕ ȕ

O acento grave dobre ( ̏ ) é un signo diacrítico empregado nos alfabetos latino e cirílico consistente en dúas pequenas raias que baixan de esquerda a dereita e que se coloca sobre unha vogal ou unha consoante.

Usos

Linguas eslavas do sur

O acento grave dobre serve para sinalar o ton descendente breve nas linguas croata, serbia e, ás veces, no esloveno, no que, con este mesmo fin, tamén se emprega o acento grave simple.

Colócase no croata e no esloveno sobre as letras do alfabeto latino a e i o r u ou, no caso do serbio, sobre as equivalentes no alfabeto cirílico а е и о р у.

Con todo, dado que nestas linguas non se acostuma sinalar os tonemas, o emprego deste diacrítico fica limitado na práctica ás obras gramaticais e aos dicionarios.

Alfabeto Fonético Internacional

No Alfabeto Fonético Internacional, o acento grave dobre indica un tonema de rexistro moi baixo. Pódese colocar sobre calquera símbolo vocálico ou consonántico vocalizado.

Véxase tamén Outros artigos Acento grave Diacríticos do alfabeto latino Diacríticos do alfabeto cirílico

Categoría:Tipografía Categoría:Diacríticos