A casa da Torre é un pazo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia homónima.

Descrición 170px|esquerda|miniatura|A casa da Torre funciona na actualidade coma albergue para peregrinos no Camiño Portugués de Santiago. A construción da casa data do século XVI pola familia Prego de Montaos, cuxo brasón loce na entrada principal do pazo. O estilo do edificio é de tipo renacentista, e na súa fachada érguese unha torre a catro augas que lle dá nome ao pazo. Até o século XIX o pazo aínda contaba cunha estrutura amurallada que o arrodeaba.

Está situado na Praza de Ribadavia, e pola súa beira sur discorre o río Alvedosa.

Ao longo da historia foi a sede municipal antes de situarse a casa do concello onde está na actualidade. Tamén foi empregada coma sede dunha empresa de autobuses.

Na actualidade constitúe o único pazo de titularidade pública do concello, sendo empregado coma o albergue da vila na ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Tamén conta cunha biblioteca, un salón de actos e varias salas de exposicións.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Juan Manuel López-Chaves Meléndez e Grato Enrique Amor Moreno: Inventario Pazos y Torres de la provincia de Pontevedra (tomo I), pp. 192–193. Deputación de Pontevedra, 1988. ISBN 84-86845-09-2.

Outros artigos Redondela, Redondela Ligazóns externas Anecdotario redondelán. Arquitectura Civil. Pazos e outros.

Torre