Utqiagvik, anteriormente coñecida como Barrow, é unha cidade estadounidense situada no estado de Alasca. É o asentamento máis setentrional do América continental. Neste lugar transcorre a acción dos cómics de terror 30 Days of Night, así como a película baseada nestes.
Demografía O 3 de marzo de 2009 a páxina oficial do concello informou que a cidade era a máis grande no condado de North Slope, cunha poboación de 4.429 habitantes, dos cales aproximadamente un 61% eran Inupiats.. Segundo o censo de 2010 a poboación era de 4.212 habitantes.
Xeografía Utqiagvik está situado nas coordenadas 71.300371, -156.735840. Ten unha área total de 55 km² dos cales 48 km² son terra firme 7 km² (un 14% do total) son auga. É o punto habitado máis setentrional da América continental.
Historia miniatura|esquerda|Base da Forza Aérea en Point Barrow miniatura|esquerda|O Iḷisaġvik College Na lingua Inupiaq, Barrow é chamado Ukpeagvik, que significa "o lugar onde nos cazamos curuxas da neve".
Os sitios arqueolóxicos da área indican que os Inupiat vivían na nesta zona desde o ano 500. Algúns vestixios de 16 habitacións da cultura Birnirk datados do ano 800 aínda poden ser vistos hoxe na costa do océano Ártico. A localización preto do nivel do mar pon en risco este sitio arqueolóxico, xa que o risco de erosión é inminente.
A Royal Navy estivo na área para trazar mapas e explorar a costa ártica de América do Norte. O Exército dos Estados Unidos estabeleceu un centro meteorolóxico e magnético no 1881.
En 1888 construíuse unha igrexa presbiteriana e no 1901 abriuse un posto de correos.
No 1935 o famoso humorista Will Rogers e o piloto Wiley Post fixeron unha parada non planeada na baía Walakpa, 24 km ao sur de Barrow, mentres se dirixían para esta cidade. Cando eles engalaron de novo o avión estoupou e caeu nun río, matando os dous ocupantes. O lugar do accidente coñécese agora como Rogers-Post, e nel colocáronse dous monumentos conmemorativos. Ademais do aeroporto de Barrow que recibe o seu nome deste suceso.
Barrow foi incorporada como cidade de primeira clase no 1958.
No 1972 estableceuse o condado de North Slope que trouxo miles de dólares consigo e creou as redes de saneamento, abastecemento de auga, enerxía, estradas, corpo de bombeiros, establecementos sanitarios e educativos a Barrow e as vilas do arredor.
Economía Utqiagvik é o centro económico do borough de North Slope, principal fonte de emprego da cidade, á parte de numerosas empresas que prestan servizos de apoio ás operacións dos campos petrolíferos. As axencias estatais e federais tamén son unha fonte de emprego. O sol da media noite atraeu o turismo e xunto coa venda de artesanía trae moitos ingresos en efectivo.
Moitos residentes dependen das fontes de subsistencia como as baleas, focas, osos polares, morsas, aves acuáticas, caribús e peixes que capturan nos ríos da costa ou nos lagos próximos.
É a sede da Arctic Slope Regional Corporation.
Cidades irmandadas Está irmandada coa cidade arxentina de Ushuaia, que é a máis meridional de América.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Alasca Categoría:Mar de Beaufort