A Aula Castelao de Filosofía é unha asociación constituída a través dunha acta o 26 de setembro de 1983 en Pontevedra con tres obxectivos principais: renovación, galeguización e participación.
Obxectivos Os membros fundadores da Aula eran principalmente ensinantes que sentían a necesidade dunha renovación no ensino na súa forma didáctica, temática e metodolóxica. Esta «anovación» no eido educativo tratará polo tanto nos contidos específicos de cada materia (eidos temáticos), a loita por un mellor modo de achegarnos os outros e de achegar o noso traballo (eido didáctico) e a loita por unha teoría que sistematice e xustifique contidos e presente un material que as técnicas didácticas poidan tratar de comunicar e elaborar (eido metodolóxico). Así como a necesidade de plasmar o eixo deste nunha realidade histórica, conflitiva e contextual, e non aquela ofrecida polos programas que era sobre todo de carácter metafísico, neutral e abstractos, unha educación non politizada e polo tanto alienada dunha realidade que esixe intervención e implicación.
Este traballo non é excluínte e redutible ó ensino senón que funciona como algo aberto para todo o mundo e aplicable na súa vida e traballo. A incorporación de persoas que sintan crítica e autocríticamente coma unha especie de busca, loita e superación. Esta «anovación» implicábase ca galeguización, sobre todo no eido filosófico mais tamén extensible a outros campos do saber , tratará de conciliar a “particularidade” ca “universalidade” A filosofía, e o saber en xeral, ten que xurdir dunha “praxe” e tratar de crear unha “teoría” que sirva para continuar o traballo, acción que, a súa vez, pode, e debe, axudar á modificación da teoría para que sirva para novas aportacións e direccións. Só tendo en conta a realidade concreta e o momento en que se produce a mesma se poderá avanzar e camiñar cara unha “universalidade”, sempre limitada, onde todos sexamos, vivamos e entendámolo “ser”. O propio logos da realidade galega e non a universalización e homoxeneización da realidade occidental.
Por ilo é preciso esta liberación, mediante unha nova construción filosófica para o que era preciso ter coñecemento do noso “ser histórico” (cas súas propias tradicións, mitos, narracións, historias, ritos...). Así mesmo, sacar a filosofía da academia e impregnala e confrontala coa realidade social da que falamos.
Producións A Aula Castelao levou a cabo unha numerosa cantidade de conferencias e ciclos , tamén tomou parte en diversos congresos, xornadas pedagóxicas, foros... así como a creación dunha páxina web na que está rexistrada unha considerable suma de documentos,gravacións en casete e filmada, traballos inéditos, dosieres de prensa, ficas bibliográficas, correspondencia etc. Tamén na súa función divulgativa cabe destacar e enumerar as publicacións, consistentes en xornais, seminarios, revistas, radio, televisión, portais... Membros da asociación realizaron unha serie de edicións (colectivas e individuais) de investigacións sobre pensadores galegos e estranxeiros como : Celso Emilio Ferreiro, Bouza Brey, Xoán Vicente Viqueira, Amor Ruibal, Indalecio Armesto, Ricardo Mella, J.P.Sartre, Erich Fromm, Garaudy...
Ensaios editados Antón Losada, Teoría e Praxe (Vigo,1984, 2ª ed. Esgotada) O pensamento galego na historia. Aproximación crítica (Santiago de Compostela, 1992, 2ª ed.) Postmodernidade e Poder (Vigo,1989) América Latina. Entre a realidade e a utopía (Xerais, Vigo, 1992) Filosofía e Xénero (Xerais, Vigo, 1996) Filosofía e Lingua (Laiovento, Compostela, 1997) Globalización e Cambio de Milenio (Xerais Universitaria, Vigo, 2001) Filosofía e Compromiso (Espiral Maior, A Coruña, 2004)
Semanas galegas de filosofía A Aula Castelao organiza dende 1984 a Semana Galega de Filosofía. Grupos de amigos filósofos e profesores do Ensino Medio foron aqueles que emprenderon este proxecto e que hoxe en día proporciona un espazo e foro crítico e aberto a totalidade de niveis do ensino e outros sectores sociais que teñan por meta o exercicio de autocrítica da razón. Figuras destacables como por exemplo: Celia Amorós, Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Regueira... As Semanas Galegas de Filosofía son o intento de levar esta renovación á práctica mediante tres obxectivos: a interculturalidade, a interdisciplinaridade (diversos saberes, aspectos, conflitos, tradicións...) e finalmente a vitalidade ou materialidade (se cede a palabra a persoas con imaxinacións, desexos e frustracións concretas).
Presidentes Os seus presidentes e presidentas ao longo da súa constitución: Ramón Regueira Varela, 1982-1993. Domingos Antón García Fernández, 1994-1998. Carme Adán Villamarín, 1999-2005. Fernando Pérez López, 2005-2006. Xulio Leal Carreira, 2006-2008. Carlos Calviño Barreiro, 2009-2013. Ana Ruth Regueira García, 2014-2020. Alexandre Cendón González, 2020.
Recoñecementos Premio Cidade de Pontevedra en 2005. Pedrón de Ouro en 2006. Premio Xoán Manuel Pintos en 2011.
Véxase tamén Ligazóns externas Web da Aula Castelao
Categoría:Pedrón de Ouro Categoría:Filosofía Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos Categoría:Asociacións culturais de Galicia