55 Cancri d (abreviado 55 Cnc d) é un planeta extrasolar de longo período orbital, que orbita unha estrela semellante ó noso Sol, 55 Cancri A. O planeta está situado a unha distancia respecto da súa estrela semellante á distancia a que está Xúpiter respecto do noso Sol, é o quinto planeta en ser descuberto no seu sistema planetario e é o máis externo. 55 Cancri d foi descuberto en 13 de xuño de 2002.

Descubrimento

Coma a meirande parte dos planetas extra-solares coñecidos, 55 Cancri d detectouse pola observación das variacións da velocidade radial da súa estrela. Isto foi conseguido a través de medicións moi precisas e finas do efecto Doppler do espectro da súa estrela. No momento do descubrimento, 55 Cancri A xa era coñecida por posuír un planeta (55 Cancri b), con todo, aínda había un desvío nas medicións da velocidade radial, desvío que aínda non tiña un explicación clara.

No ano 2002, outras novas observacións revelaron a presenza dun planeta de longo período nunha órbita a unhas 5 UA respecto da estrela. Eses mesmos estudos indicaron a presenza doutro planeta interior, designado 55 Cancri c.

Órbita e masa 200px|miniatura|left|A órbita de 55 Cnc d podería ser máis externa cá de Xúpiter. Cando 55 Cancri d foi descuberto, pensouse que estaba nunha órbita cunha excentricidade orbital mínima, de xeito semellante á órbita similar a Xúpiter no noso sistema solar, aínda que os elementos orbitais non foron ben precisados. A medida que se foron recollendo máis datos, a solución que mellor se axustaba a este planeta resultou ser unha órbita altamente excéntrica, máis que calquera dos planetas do noso Sistema Solar (incluíndo Plutón). No 2008, despois de que fose observada unha órbita completa do planeta, a órbita real foi desvelada, indicando o que orixinariamente se sospeitaba, a órbita de 14 anos do planeta era, de feito, case circular, situada a unhas 5,77 AU respecto da súa estrela.

Unha limitación do método da velocidade radial utilizado para descubrir 55 Cancri d é que só se pode obter un límite inferior para a masa do planeta. No caso de 55 Cancri d, este límite inferior é de aproximadamente 3,835 veces a masa de Xúpiter. No 2004, medicións astrométricas feitas cos Fine Guidance Sensors do Telescopio Espacial Hubble indican que a órbita do planeta ten unha inclinación duns 53° respecto do plano do ceo. Se esta medida é confirmada, implicaría que a masa real do planeta é un 25% maior có seu límite inferior, preto das 4,8 masas de Xúpiter, e non vai ser coplanar co planetas máis interiores 'e' e 'b' (ambos inclinados 85°).

Características Dada a elevada masa do planeta, o planeta é un xigante gasoso sen superficie sólida. Xa que o planeta só se detectou de xeito indirecto, parámetros tales coma o raio, composición, ou temperatura son descoñecidos.

Asumindo unha composición semellante á de Xúpiter e de que a atmosfera do planeta estea preto do equilibrio químico, prevese que 55 Cancri d estea cuberto por unha capa de nubes de auga: a calor interna do planeta probablemente sexa demasiado alta coma para forma-las nubes baseadas no amoníaco que son típicas de Xúpiter. A súa gravidade superficial é posiblemente de 4 a 5 veces máis maior cá de Xúpiter, ou o que é o mesmo, preto de 10 a 15 veces a da Terra, o cal é debido a que o raio do planeta seguramente sexa só un pouco maior có Xúpiter, ou incluso algo menor có de Xúpiter debido o alto contido de metal da estrela nai.

Notas

Ligazóns externas

Extrasolar Visions: 55 Cancri d

Categoría:55 Cancri Categoría:Xigantes gasosos