Krzysztof Eugeniusz Penderecki, nado en Dębica (Polonia) o 23 de novembro de 1933 e finado en Cracovia o 29 de marzo de 2020, foi un compositor e director de orquestra polonés. The Guardian nomeouno o mellor compositor vivo de Polonia, e foi considerado un dos mellores compositores contemporáneos dende a creación de Strophen en 1959, gañando prestixio na década de 1960 ao incorporar ás súas obras novas técnicas relacionadas principalmente coa textura e a notación, evolucionando posteriormente a unha linguaxe máis neorromántica. Entre as súas obras máis coñecidas destacan Tren ofiarom Hiroszimy, Passio et mors Domini nostri Jesu Christi secundum Lucam, Polskie Requiem, Anaklasis, catro óperas, oito sinfonías e outras pezas orquestrais, varios concertos para instrumentos solistas, obras para coro de textos principalmente relixiosos, así como numerosas obras de cámara e instrumentais. Coa súa estrutura e dramaturxia distintiva, así como a súa mensaxe profundamente humanista, a súa música é apreciada por unha ampla audiencia.

Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e recoñecementos de prestixio, tales como o Premio Príncipe de Asturias das Artes en 2001.

Traxectoria 1933-58: primeiros anos Penderecki naceu na localidade polonesa de Dębica, fillo de Tadeusz Penderecki, un avogado, e Zofia (de solteira Wittgeinstein). O avó de Penderecki, Robert Berger, foi un talentoso pintor e director do banco local no tempo no que naceu Penderecki; o pai de Robert, Johann, trasladouse a Dębica dende Breslau (actual Wrocław) a mediados do século XIX.Schwinger, p. 16. A súa avoa era unha armeniaPenderecki on 'aiming for the unreachable', Deutsche Welle de Isfahán. Penderecki adoitaba ir á Igrexa Apostólica Armenia con ela en Cracovia.Krzysztof Penderecki engaged in creation of choral work on Armenian Genocide centennial, ARMENPRESS Penderecki referiuse ás súas orixes do seguinte xeito nun discurso na entrega dun dos seus doutorados honoríficos:

Esta "hibridación" cultural tería un impacto decisivo na súa personalidade como compositor, e no xeito no que definiría a súa relixiosidade, así coma a súa identidade filosófica e artística.

Penderecki foi o máis pequeno de sete irmáns; súa irmá, Barbara, que casou cun enxeñeiro de minas, e seu irmán máis vello, Janusz, estudou dereito e medicina na época na que el naceu. Seu pai Tadeusz era violinista afeccionado e tamén tocaba o piano, polo que Penderecki tivo un contacto próximo e regular coa música dende moi novo, aínda que mostrou outros moitos talentos, especialmente para o debuxo, mentres que seu avó o introduciu no mundo da natureza (especialmente das árbores), a literatura, a relixión, e deulle exemplo da actividade social-patriótica. En 1939, co estoupido da segunda guerra mundial, a familia de Penderecki trasladouse dende o seu apartamento cando o Ministerio de Alimentación comezou a operar alí. A familia viviu nunha casa pertencente a un grupo de xudeus poloneses desaloxados.Schwinger, pp. 16-17. 250px|miniatura|esquerda|A Akademia Muzyczna w Krakowie, onde Penderecki estudou e posteriormente impartiu clase. Durante a ocupación alemá a vida musical de Polonia interrompeuse. Non foi ata despois da segunda guerra mundial cando os músicos poloneses crearon unha rede de escolas de música, conservatorios, orquestras de radio e revistas. Neste contexto, Penderecki comezou a asistir á escola secundaria en 1946, e a estudar violín con Stanisław Darłak, director da banda militar de Dębica que organizou unha orquestra para a sociedade musical local despois da Guerra, sendo nesta época cando Penderecki desenvolveu o seu interese pola música.Schwinger, p. 17. Tras graduarse na escola secundaria en 1950, Penderecki trasladouse a Cracovia en 1951, onde asistiu á Universidade Iaguelónica e cursou filosofía, historia e historia da literatura. Estudou violín con Stanisław Tawroszewicz e teoría da música con Franciszek Skołyszewski, con quen descubriría a súa verdadeira vocación, e quen descubriu a un compositor no seu novo discípulo.Schwinger, p. 18. O ensino musical na Polonia comunista estaba dominado polo chamado realismo socialista, que dominou a creación artística do país entre 1947 e 1954, se ben en Polonia foi menos pronunciado que noutros réximes comunistas, o que permitiu que despois da morte de Stalin en 1953 se producira unha progresiva apertura que propiciou a creación en Varsovia do Festival Internacional de Outono de Música Contemporánea, que viu nacer na súa primeira edición de 1956 unha xeración de músicos locais adicados á música de vangarda, creando o que se coñecería fóra do país coma a "Escola polonesa".

Aos 18 anos Penderecki entrou na Akademia Muzyczna w Krakowie (Academia de Música de Cracovia) e en 1954, e unha vez que finalizou os seus estudos de violín no seu primeiro ano, centrouse por completo na composición. O profesor principal de Penderecki na academia polonesa foi Artur Malawski, un compositor coñecido polas súas obras corais e orquestrais, así coma música de cámara e cancións, se ben continuou as súas clases con Skołyszewski. Despois da morte de Malawski en 1957, Penderecki tomou máis leccións con Stanisław Wiechowicz, un compositor coñecido principalmente polas súas composicións corais.Schwinger, pp. 18-19. Nesa época, o derrocamento do stalinismo en Polonia levantou a estrita censura cultural e abriu as portas a unha onda de creatividade. Neste contexto, o Penderecki non compartiu os puntos de vista estéticos do seu mestre, desenvolvendo independentemente os seus intereses e uniuse aos círculos de novos compositores que definiron o carácter da nova música de Polonia.

1958-'70: Primeiras composicións Ao graduarse na Academia de Música de Cracovia en 1958, Penderecki ocupou un posto como profesor na Academia, onde exerceu durante uns anos e da cal sería director en 1972. As súas primeiras obras amosan a influencia de Anton Webern e Pierre Boulez, así como de Igor Stravinskii. Foi a xeración de Penderecki e Henryk Górecki (1933-2010), xunto con Bogusław Schaeffer (1929-) ou Włodzimierz Kotonski, a que revolucionou a música polonesa coa adopción da música serial e aleatoria, movementos que abandonarían na década seguinte para adoptar un estilo comprometido coas texturas e o timbre orquestral que se denominaría "sonorismo".

250px|miniatura|A catedral de Münster viu a estrea da Paixón segundo San Lucas de Penderecki en 1966. O recoñecemento internacional de Penderecki chegou en 1959 no Warszawska Jesień (Outono de Varsovia) coa estrea da obra Strophen, unha das tres obras coas que gañou o primeiro premio do II Concurso Nacional de Novos Compositores, as outras dúas foron Psalms of David, e Emanations. Coa estrea de Anaklasis, escrita para 42 instrumentos no Donaueschingen Festival en 1960, Penderecki fíxose un sitio na vangarda internacional. Mais a obra que realmente atraeu a atención internacional foi a súa composición de 1960 Tren ofiarom Hiroszimy (orixinalmente titulada 8' 37", mais posteriormente decidiu adicarlla ás vítimas do bombardeo de Hiroshima), escrita para 52 instrumentos de corda na que fai uso de técnicas instrumentais estendidas e presenta moitas novas texturas, cun grande uso dos clústers, e que se converteu nunha das súas composicións máis coñecidas e que foi premiada pola UNESCO. Seguiulle Fluorescences ao ano seguinte; nela incrementa a densidade orquestral con máis vento e metais, e unha enorme sección de percusión de 32 instrumentos para seis músicos que inclúen un güiro mexicano, máquinas de escribir, gongs e outros instrumentos pouco habituais. A obra foi composta para o Donaueschinger Musiktage de música contemporánea en 1962, e a súa interpretación foi vista como provocativa e polémica. Mesmo a partitura semellaba revolucionaria; a forma de notación gráfica que Penderecki desenvolvera evitou a aparencia familiar das notas no pentagrama, representando no seu lugar a música como sons morfolóxicos.

Penderecki foi pronto recoñecido por institucións musicais de fóra de Polonia que comezaron a encomendarlle encargos que lle darían unha estabilidade económica. Foi nesta época cando concluíu as súas exploracións de vangarda e gañaría reputación entre un público máis amplo coa estrea de Passio et mors Domini nostri Jesu Christi secundum Lucam na catedral de Münster (Alemaña) en 1966, a primeira grande obra da súa carreira, que fora encargada pola WDR Sinfonieorchester Köln para conmemorar o 700 aniversario da catedral alemá e que supuxo un punto de inflexión na súa carreira, converténdose no artista máis aclamado dende Igor Stravinskii. Porén, Passio secundum Lucam supuxo a crítica dos que o consideraron unha traizón á vangarda. A partir deste momento Penderecki aventuraríase na esfera sacra con obras coma Dies irae (tamén chamada Oratorio Auschwitz e composta en 1967), Utrenja (1971) e Polskie Requiem (versión definitiva de 2005), o seu Credo (1998), ou a Missa brevis (2012).

As súas intencións nesta época estaban influenciadas por Cage: "O único que me interesa é a liberación do son máis alá de toda a tradición." Esta preocupación no son culminou en De Natura Sonoris I, que insta frecuentemente á orquestra a empregar técnicas non estándar para producir son e cores orixinais. En 1971 compuxo unha secuela, De Natura Sonoris II: coa súa orquestra máis limitada, incorpora máis elementos dos posrománticos que na súa predecesora. Esta anuncia a renuncia de Penderecki coa vangarda a mediados dos anos '70, aínda que ambas as pezas contan con dramáticos glissandi, densos clústers, e un uso dos harmónicos e instrumentos pouco habituais (a serra musical característica da segunda peza). Na segunda metade da década de 1960, entre 1966 e 1968, Penderecki exerceu como profesor na Volkwang Hochschule für Musik de Essen (Alemaña).

En 1968 Penderecki recibiu o Premio Estatal de primeira clase, e ese mesmo ano recibiu unha bolsa de estudos da Organización Alemá de Intercambio Académico (DAAD).Dziennik Polski, rok XXIV, nr 172 (7599), p. 6. Un ano despois chegaría a estrea da súa primeira ópera, Die Teufel von Loudun (Os demos de Loudun), unha ópera en alemán en tres actos sobre libreto propio que foi estreada na Hamburgische Staatsoper de Hamburgo (Alemaña) cun notable éxito que se reproduciu en moitos outros países, e que o 12 de febreiro de 2013 foi estreada de novo en Copenhague (Dinamarca nunha nova versión). A seguinte grande obra de Penderecki chegou pouco despois coa composición de Utrenja entre 1970 e 1971, e nesa mesma época compuxo outro oratorio, Kosmogonia, para as Nacións Unidas. Porén, non completou a súa Primeira Sinfonía ata 1973, que dirixiría na súa estrea na localidade inglesa de Peterborough.

Con motivo do aniversario da República Popular de Polonia foi condecorado coa Cruz de Comandante (1974)Dziennik Polski, rok XXX, nr 175 (9456), p. 2. e a Cruz de Cabaleiro da Orde de Polonia Restituta (1964).Dziennik Polski, rok XX, nr 171 (6363), p. 6. Ese mesmo ano estreou en Salzburgo (Austria) o seu Magnificat, outra encarga para conmemorar o aniversario da catedral de Salzburgo, que dirixiría na súa estrea no Festival de Salzburgo.

Dende 1970