O XIII Festival da Canción de Eurovisión tivo lugar o 6 de abril de 1968 no Royal Albert Hall de Londres, Reino Unido, organizado pola BBC. A presentadora foi Katie Boyle e Massiel, que representaba a España, gañou o concurso coa canción La, la, la, obtendo 29 puntos. O segundo posto foi para o representante británico, Cliff Richard, que coa canción Congratulations quedou a un punto de España. Isabelle Aubret, representante de Francia coa canción La Source, quedou terceira con 20 puntos.

Nun principio, España ía enviar ao concurso a Joan Manuel Serrat para que cantase "La, la, la", pero TVE retiroulle do certame ao pretender cantar o tema en catalán, sendo substituído por Massiel, que se atopaba de xira en México, tan só uns días antes do certame.

Por Iugoslavia presentouse un grupo, Dubrovacki Trubaduri, con disfraces de xograres medievais. Era un grupo formado orixinalmente por seis persoas. Con todo, o regulamento naquela época só permitía concursar a solistas e dúos, polo que oficialmente acudiron cinco a Londres, dous deles intérpretes oficiais, Luci Kapurso e Hamo Hajdarhodžić, e os outros tres como coro.

Reino Unido fixo repetir a votación do último xurado (Iugoslavia) por que deu 11 puntos no canto de 10, que son os puntos que o país votante ten que repartir. Aínda así, España seguía sendo a ganadora, xa que os iugoslavos non votaron nin a Richards nin a Massiel.

Esta edición do festival foi retransmitida por primeira vez en cor para Alemaña Occidental, Finlandia, Francia, Noruega, os Países Baixos, o Reino Unido, Suecia e Suíza, malia que moi poucos espectadores tiñan na súa casa un televisor en cor. Ademais dos países participantes no festival, algúns países de Europa do Leste, Suramérica e Tunisia retransmitírono.

Participantes Os meses anteriores ao festival realizáronse os procesos de selección de participantes. De 17 países participantes, 10 organizaron unha final nacional e 7 elixiron o seu representante internamente.

Entre os representantes máis coñecidos atopábanse Wencke Myhre, cantante norueguesa que intentou representar varias veces ao seu país e ao final foi elixida para representar a Alemaña Occidental; Isabelle Aubret, ganadora do festival de 1962; Sergio Endrigo, ganador do Festival de Sanremo daquel ano; Karel Gott, cantante checoslovaco que representaba a Austria; e Cliff Richard, máximo favorito para gañar este festival segundo gran parte da prensa europea e que alcanzaría unha importante proxección internacional. Unha aínda non moi coñecida Massiel, aínda que xa tiña dous éxitos en México e participacións noutros festivais europeos, consolidouse en España e América Latina trala súa vitoria en Eurovisión.

Na seguinte táboa resúmense os representantes de cada país e o método polo cal foron elixidos: País e TV Título orixinal da canción Artista Proceso e data de selecciónFinais nacionais de 1968 eurovision-spain.com Tradución ao galego Linguas de interpretación ARD Ein Hoch der Liebe Wencke Myhre Elección interna Un brinde polo amor Alemán ORF Tausend Fenster Karel Gott Elección interna Miles de ventás Alemán RTB Quand Tu Reviendras Claude Lombard Final nacional, 13-02-68 Cando volvas Francés EspañaTVE La, la, la Massiel Elección interna La, la, la Castelán YLE Kun Kello Käy Kristina Hautala Final nacional, 10-02-68 Cando o reloxo está en marcha Finés ORTF La Source Isabelle Aubret Elección interna A fonte Francés RTÉ Chance of a Lifetime Pat McGeegan Final nacional, 03-03-68 Oportunidade dunha vida Inglés RAI Marianne Sergio Endrigo Elección interna Marianne Italiano CLT Nous Vivrons D'Amour Chris Baldo e Sophie Garel Elección interna Viviremos o amor Francés TMC A Chacun Sa Chanson Line and Willy Elección interna A cada un a súa canción Francés NRK Stress Odd Børre Melodi Grand Prix, 03-03-68 Estrés Noruegués NTS Morgen Ronnie Tober Final nacional, 28-02-68 Maña Neerlandés RTP Verão Carlos Mendes Festival RTP da Canção, 04-03-68 Verán Portugués BBC Congratulations Cliff Richard A Song for Europe 1968, 05-03-68Cantante elixido internamente Parabéns Inglés SR Det Börjar Verka Kärlek, Banne Mej Claes-Göran Hederström Melodifestivalen 1968, 09-03-68 Esta comenzando a parecer amor, maldita sea Sueco SSR SRG Guardando Il Sole Gianni Mascoio Final nacional, 27-01-68 Mirando ao sol Italiano JRT Jedan dan Luci Kapurso e Hamo Hajdarhodžić Final nacional, 25-02-68 Un día Croata

Táboa de resultados Na seguinte táboa amósanse os resultados do festival, cos países participantes amosados por orde alfabética:

País Intérprete(s) Canción Lugar Puntos Wencke Myhre Ein Hoch Der Liebe 6 11 Karel Gott Tausend Fenster 13 2 Claude Lombard Quand Tu Reviendras 9 8 España Massiel La, la, la 1 29 Kristina Hautala Kun Kello Käy 16 1 Isabelle Aubret La Source 3 20 Pat McGeegan Chance of a Lifetime 4 18 Sergio Endrigo Marianne 10 7 Chris Baldo & Sophie Garel Nous Vivrons D'Amour 11 5 Line and Willy A Chacun Sa Chanson 7 8 Odd Børre Stress 13 2 Ronnie Tober Morgen 16 1 Carlos Mendes Verão 11 5 Cliff Richard Congratulations 2 28 Claes-Göran Hederström Det Börjar Verka Kärlek, Banne Mej 5 15 Gianni Mascoio Guardando Il Sole 13 2 Luci Kapurso & Hamo Hajdarhodžić Jedan dan 7 8

Votación {|class="wikitable" style="text-align:center; font-size: 85%" !colspan="2" rowspan="2" | !colspan="43"|Resultados

</TR> Participantes Portugal

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 3 0 0 Países Baixos 0

0 0 0 0 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 Bélxica 1 0

0 0 0 0 0 1 1 3 1 0 0 1 0 0 Austria 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2 0 Luxemburgo 0 1 0 1

0 1 0 0 1 0 1 0 0 0 0 0 Suíza 0 0 0 0 0

0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 2 Mónaco 0 2 0 0 1 0

0 3 0 0 1 0 1 0 0 0 Suecia 1 1 0 0 0 0 0

1 0 0 2 6 4 0 0 0 Finlandia 0 0 0 0 0 0 0 0

0 0 0 1 0 0 0 0 Francia 0 3 6 2 3 3 0 1 0

2 0 0 0 0 0 0 Italia 1 0 0 0 0 2 0 0 0 0

0 0 0 2 0 2 Reino Unido 1 2 2 0 1 4 5 3 2 4 1

0 1 0 2 0 Noruega 0 0 0 0 1 0 0 0 0 0 0 0

0 1 0 0 Irlanda 1 1 1 4 1 0 0 4 0 0 0 0 0

0 0 6 España 4 0 0 2 1 0 4 0 3 4 3 0 1 1

6 0 Alemaña 0 0 0 0 1 1 0 2 0 0 0 5 0 0 2

0 Iugoslavia 1 0 1 1 1 0 0 0 0 0 0 0 0 3 1 0

A táboa aparece ordenada sengundo a orde de actuación </TABLE>

Controversias Posible fraude A vitoria da cantante española no Festival foi obxecto de forma retrospectiva de acusacións acerca dunha posible compra de votos por parte do réxime franquista. Estas informacións baséanse en que TVE comprou series e películas de televisión e promocionó a cantantes de diversos países europeos, en especial de Bulgaria e Checoslovaquia (aínda que estes, en realidade, non participaron nin votaron no Festival. Bulgaria non participou no Festival de Eurovisión ata o ano 2005http://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Participaci%C3%B3n_en_el_Festival_de_la_Canci%C3%B3n_de_Eurovisi%C3%B3n#Participantes e Checoslovaquia xamais participou como tal).Cf. y .

A orixe destas especulacións foron unha declaracións do xornalista español, e habitual presentador para a cadea de televisión pública destes festivais, José María Íñigo que se fixeron públicas no documental Yo viví el Mayo español de 1968, emitido pola cadea privada de televisión La Sexta.Cf. . Porén, devanditos comentarios, segundo as súas palabras e as da cantante Massiel, serían «pervertidos, sensacionalizados e desenfocados» pola cadea coa intención de promover o programa e satisfacer a intereses propios da televisión privada (en clara referencia á promoción do Chiki-Chiki interpretado por Rodolfo Chikilicuatre, levado ata Eurovisión por un programa da mesma cadea).Cf. .

Todas as noticias feitas públicas nos medios de comunicación, incluíndo ao espazo que as noticias da cadea inglesa Channel 4 dedicou ao asunto,Cf. . realizáronse antes da emisión do documental no que se baseaban estas acusacións, posteriormente comprobouse, centrando as palabras no contexto, que en ningún momento Jose María Íñigo insinuou nada semellante a unha fraude, «se comparamos unhas cousas e outras vemos que hai máis probas que demostran que non houbo ningunha fraude que as meras teoriuchas de que puido ocorrer algo raro» aclarou logo da polémica.Cf. .

Notas

Véxase tamén Royal Albert Hall Londres Festival de Eurovisión Ligazóns externas

Eurovisión 1968 na web oficial do festival Eurovisión 1968 en eurovision-spain.com Letra de todos os temas participantes

1968