Ángel Enrique Martínez-Puga López é un médico e político galego do Partido Popular, que dende o 2013 é alcalde de Baleira.

Traxectoria Fillo do médico Ángel Martínez Puga. Médico de profesión. Concorreu como número dous da candidatura do PPdeG á alcaldía de Baleira nas eleccións municipais de 2011, foi elixido concelleiro e nomeado primeiro tenente de Alcalde. O 6 de xuño de 2013 accedeu á alcaldía logo do falecemento do seu antecesor, Francisco Acal Eiros.Ángel Martínez toma as rendas do Concello de Baleira Nas posteriores eleccións de 2015, 2019 e 2023, conseguiu mante-la alcaldía con maiorías absolutas.

Crítica Nos anos na alcaldía, foi criticado pola escasa atención ao concello, que el achacaba aos escasos recursos dispoñibles, e a falta de investimentos económicos acadados. Malia traballar uns anos en Baralla, posteriormente, marchou a Lugo polo cal foi criticado co que se agudizou a situación. Está xestión é moitas veces representada pola inacción na retirada dunha escavadora atopada as portas da casa do concello durante máis de dez anos. Vida persoal

Casou con Mercedes Quiroga Rúa. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Baleira

Categoría:Alcaldes de Baleira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia