miniatura|Saltador de esquí durante o voo. O salto de esquí é un deporte olímpico de inverno creado en Noruega a principios do século XIX. Espallouse por Europa e América do Norte a principios do século XX principalmente por medio de Sondre Norheim, considerado o pioneiro do esquí moderno.

As pistas de salto están clasificadas segundo a distancia que os esquiadores percorren no aire, e ten especificacións sobre a área de saída, a curvatura e a zona de salto. Cada salto é avaliado de acordo coa distancia e o estilo de execución. A puntuación da distancia está en relación ao K-point, liña trazada na área de aterraxe, algúns metros antes do final do outeiro, e que serve como referencia para os saltos. A puntuación de cada xuíz que avalía o estilo pode acadar un máximo de 20 puntos, sendo descontados puntos en caso de erros, imprecisións ou imperfeccións no salto, no voo ou na aterraxe.

A técnica dos saltos evolucionou co transcurso dos anos, pasando de saltos cos esquís paralelos, o corpo curvado cara a adiante ata os cadrís e os brazos estendidos cara a fronte (técnica Kongsberger, a primeira largamente utilizada), ata os saltos cos esquís en forma de V, o corpo enteiramente curvado cara a adiante e os brazos estendidos cara a atrás, xunto ao cóccix (estilo V, a técnica empregada maioritaramente dende comezos da década de 1990).

Deporte maioritariamente masculino durante varias décadas, o salto de esquí comezou a ter gran participación feminina na década de 1990, mais a primeira competición oficial recoñecida pola Federación Internacional de Esquí non tivo lugar ata 1998 en Suíza. Os eventos femininos foron incluídos no Campionato do Mundo de Esquí Nórdico de 2009 e na Copa do Mundo en 2011. Logo dun intento frustrado de incluílo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, as mulleres participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 celebrados en Sochi (Rusia).

Ademais dos Xogos Olímpicos de Inverno, o Campionato do Mundo e a Copa do Mundo, as principais competicións de salto de esquí son o Torneo dos Catro Trampolíns, o Holmenkollen Ski Festival e o Campionato do Mundo de Voo de Esquí. O récord de distancia, rexistrousenun salto do saltador esloveno Peter Prevc, que saltou 250,0 m en 2015, superando o récrod de 246,5 m do noruegués Johan Remen Evensen, que databa de 2011.

Historia miniatura|250px|Primeira edición do Holmenkollen Ski Festival, en 1892. Así como a maioría das modalidades de esquí nórdico, o salto de esquí naceu en Noruega no século XIX. Aínda que hai rexistros de saltos dende finais do século XVIII, Ole Rye é considerado o primeiro saltador da historia, ao acadar unha distancia de 9,5 m en 1808. Atribuíuse ao noruegués Sondre Norheim o título de "pai" do deporte moderno ao vencer na primeira competición con premios nun evento que tivo lugar en 1866 na cidade norueguesa de Høydalsmo. As primeiras competicións tiveran lugar algúns anos antes, tamén en Noruega. O primeiro concurso do que se ten constancia celebrouse en Trysil (Noruega) o 22 de xaneiro de 1862; nesta primeira competición os xuíces xa outorgaron puntos por estilo ("elegancia e suavidade"), e nela os participantes tiveron que realizar tres saltos sen caer e as regras foron acordadas de antemán.Saur, Lasse (1999): Norske ski – til glede og besvær. Research report, Høgskolen i Finnmark.

A primeira gran competición de salto de esquí tivo lugar en 1875 no outeiro de Husebybakken. En 1890 a causa das malas condicións da neve e á falta de estruturas para acomodar o público crecente, o evento tivo que ser posposto, e finalmente foi trasladado en 1892 ó outeiro de Holmenkollbakken, converténdose co paso dos anos nun dos principais campionatos do mundo, manténdose ata hoxe.

A finais do século XIX, Sondie Nordheim e o tamén esquiador Karl Hovelsen emigraron aos Estados Unidos e comezaron a desenvolver o esquí neste país. Ao mesmo tempo, comezaron a aparecer os primeiros clubs de esquí en Alemaña. En 1924, o salto formou parte do programa da primeira edición dos Xogos de Inverno, en Chamonix (Francia), e foi disputado en todas as edicións posteriores. miniatura|esquerda|200px|Carina Vogt, primeira campioa olímpica en categoría feminina. En 1929, adestradores noruegueses chegaron a Sapporo para adestrar a saltadores xaponeses.

En 1935 foi fundada en Planica (Eslovenia) a primeira pista de ski flying (voo de esquí), como son chamadas as pistas que permiten voos máis longos. Nesta pista foi realizado o primeiro salto de máis de cen metros de distancia (polo austríaco Josef Bradl en 1936) e o primeiro de máis de douscentos metros de distancia (polo finlandés Toni Nieminen en 1994).

O primeiro Campionato do Mundo de Esquí Nórdico no que se realizaron probas en dúas pistas, normal e longa, foi o de 1962 en Zakopane (Polonia). Na tempada 1990-91 as competicións foron divididas en cualificadora e final, o que permitiu o aumento no número de participantes nos eventos.

Aínda que o salto de esquí está dentro do programa dos Xogos Olímpicos de Inverno dende 1924, a pista normal non foi incluída ata os IX Xogos Olímpicos de Inverno, celebrados na localidade austríaca de Innsbruck en 1964. Posteriormente, en 1988 incluíuse a proba por equipos como terceira proba da modalidade. Porén, non foi ata os XXII Xogos Olímpicos de Inverno, celebrados na cidade rusa de Sochi en 2014, cando se introduciu a competición feminina no programa olímpico; na final, celebrada o 11 de febreiro de 2014, a alemá Carina Vogt proclamouse a primeira campioa olímpica de salto de esquí en categoría feminina.

Regras Pista miniatura|300px|Modelo dunha pista de salto de esquí. A-B = área de saída; t = zona de salto; HS = distancia total da rampla; P-L = área de aterraxe; K = K-point. miniatura|300px|Pistas do Parque Olímpico de Whistler, que acolleu o salto de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010.

As pistas de salto de esquí están compostas pola rampla (construída) e polo outeiro (construído ou natural), e están clasificadas de acordo coa distancia que os esquiadores percorren no aire, entre a saída da rampla e a aterraxe. Cada pista posúe un K-point, unha especie de "obxectivo" que os saltadores deben acadar e que é un pouco máis curto que o fin do outeiro. As medidas de cada clase de pista son as seguintes:

Tipo de pista Distancia K-pointPista curta ata 49 m ata 44 mPista media 50 m a 84 m 45 m a 74 mPista normal 85 m a 109 m 75 m a 99 mPista longa máis de 110 m máis de 100 mVoo de esquí máis de 185 m máis de 170 m

A estrutura da pista está composta por un plano inclinado que comprende os posibles puntos desde onde os saltadores toman impulso (a escolla do lugar exacto do inicio é realizada polos árbitros antes do inicio da competición), unha curva cuxo ángulo diminúe a medida que o punto final se aproxima, e a zona de salto, outro plano inclinado. O outeiro comeza debaixo da zona de salto e esténdese ata a área de aterraxe, na que está situado o K-point.

A área de saída debe ter os lugares de partida separados por unha distancia de 40 cm e estar deseñada de xeito que propicie a máxima velocidade posible de engalaxe. A área de aterraxe debe estar cuberta de neve, non pode ter ningún obstáculo e os laterais deben estar protexidos por gardacarrís. Os lugares de competición tamén deben ter unha torre na cal os cinco xuíces se sitúen en cabinas individuais, para avaliar os saltos sen a interferencia dos outros xuíces, e unha plataforma para os adestradores.

Arbitraxe A coordinación das competicións de salto de esquí é realizada polo Comité de Competición, composto polo Xefe de Competición (que xestiona o evento), o Secretario (responsable de entregar aos xuíces a documentación do evento, como listas de partida e resultados, e de atender as protestas dos competidores), o Xefe de Pista (que prepara a pista sobre a cal os esquiadores saltan), o Medidor Oficial (responsable de situar os marcadores de distancia na pista e medir a súa medida total), o Xefe de Cálculos (que contabiliza a puntuación de cada salto), o Xefe de Seguridade (que controla a entrada e saída de persoas na área de competición), o Xefe de Instalacións Técnicas (responsable do funcionamento dos equipamentos de medición electrónica de distancia, de arrefriamento da pista, de comunicación etc), o Xefe de Equipamentos (que distribúe os equipamentos para os demais membros do comité) e o Xefe de Primeiros Auxilios (que coordina a atención e o rescate de calquera persoa que o precise, incluídos os espectadores).

Competición miniatura|300px|Fase de voo. Durante o descenso, o saltador non pode empregar bastóns ou calquera tipo de asistencia, mesmo externas (como un empurrón na saída). O salto só é autorizado cando toda a área de competición (pista, outeiro e área de aterraxe) están libres. Un semáforo (de dúas ou tres fases) e un reloxo próximos á barra de saída indican a actitude a ser tomada polo saltador. Os eventos máis importantes, como os Xogos Olímpicos de Inverno e os Campionatos do Mundo, posúen semáforos de tres fases; na fase vermella o sinal está acompañado dun reloxo de conta regresiva e durante todo este tempo o atleta deberá ficar no lateral da pista; na fase amarela o cronómetro segue en conta progresiva e o atleta terá de 10 a 45 segundos (segundo decidan os xuíces) para colocarse na barra; e na fase verde, que dura dez segundos, o saltador deberá obrigatoriamente saír da barra nese tempo.

Cada salto é puntuado de acordo coa distancia percorrida e o estilo executado. Na avaliación do estilo, os xuíces deben ter en conta todos os movementos do saltador, desde a engalaxe ata a aterraxe, considerando os aspectos de precisión, perfección, estabilidade e impresión xeral. Son avaliadas a utilización da eficiencia aerodinámica do corpo e do esquí, a postura dos brazos, pernas e esquís durante o voo, a sucesión de movementos durante a aterraxe e a posición durante a desaceleración. Cada nota pode chegar a un máximo de vinte puntos.

miniatura|esquerda|285px|Preparación para a aterraxe na posición Telemark. As tres fases do salto (voo, aterraxe e desaceleración) son avaliadas do seguinte xeito: na fase de voo, os saltadores deben facer un movemento agresivo de engalaxe, asumir a posición ideal de voo de forma rápida e suave e iniciar a preparación para a aterraxe no momento axeitado. A dedución máxima de puntos para esta parte é de cinco. Na aterraxe, o saltador debe verticalizar o corpo, situar os brazos cara a adiante ou arriba, deixar os esquís paralelos, situar unha perna fronte a outra e dobrar os xeonllos, de xeito que consiga unha aterraxe suave e equilibrada. A perna de detrás debe estar aínda máis flexionada que a de diante (esta posición é chamada de Telemark, e o saltador que non a execute pode perder dous puntos do total de cinco que se poden dar nesta parte). Na desaceleración, o saltador debe manter a posición Telemark durante 10 ou 15 metros e enseguida retornar á postura vertical, de xeito suave e relaxado cos esquís paralelos (nesta parte poden outorgarse un máximo de sete puntos).

miniatura|300px|Pista de Predazzo (Italia), na que é posible percibir a área de aterraxe, o K-point e a liña que marca o fin da pista. Cada un dos cinco xuíces dá a súa nota, sendo rexeitadas a maior e a menor e sumadas as tres restantes, xerando a nota final de estilo.