Ángela Altagracia Carrasco Rodríguez, nada en Manzanillo o 23 de xaneiro de 1950, é unha cantante dominicana. Carrasco é recoñecida no seu país como unha das poucas artistas femininas de renome internacional e a primeira en internalizarse como cantante.
Traxectoria Nada nunha localidade illada da República Dominicana, Carrasco emigrou a España onde logrou transcender como baladista, coa axuda do seu mentor e amigo, o cantante español Camilo Sesto, quen é o autor da maioría das súas cancións. Iniciando a súa carreira a finais da década de 1970, Carrasco alcanzou o seu máximo esplendor durante as décadas 1980 e 1990 con éxitos como "Quererte a ti", "Boca Rosa", "Lo Quiero a Morir", "Quiéreme" ou "Ahora o Nunca", entre outros.
Previo ao seu éxito no canto, Carrasco participou como actriz en 1975 representando a María Magdalena na versión española da ópera-rock Jesucristo Superstar, xunto a Camilo Sesto; ademais de actuar en varias obras musicais e programas televisivos españois.
Nos seus máis de 30 anos de carreira e cunha vintena de discos gravados, Ángela Carrasco chegou a gañar diversos premios musicais no mundo. Ángela Carrasco foi honrada cun Casandra Especial na XXV edición dos Premios Casandra na República Dominicana.
Ángela casou o 28 de febreiro de 1973 en Santo Domingo, República Dominicana, con Ramón Ignacio Socías Báez, economista. A parella ten dous fillos; Elvis Rafael, nado en 1975 e Ciron, nado en 1985.
Discografía Ano de publicación Título 1978 Amigo mío, cuenta conmigo 1979 Quererte a ti 1981 Con amor... 1983 Unidos 1985 La dama del Caribe 1986 La candela 1988 Boca rosa 1989 Ese hombre es... 1992 Piel canela 1995 Una producción de Juan Gabriel 2002 A puro dolor! 2004 Muy personal
Algúns éxitos Ahora o nunca Alguien como tú Boca rosa Callados (xunto a Camilo Sesto) Cariño mío Corazones de fuego (xunto a Camilo Sesto) Es más que amor Ese hombre es... Lo quiero a morir Mi único amigo No me puedo quejar No, no hay nadie más Quererte a ti Quiéreme Si tú eres mi hombre (cover en castelán da canción "The power of love" de Jennifer Rush) Suspiros
Televisión ¡Señoras y señores! (1973-1975), azafata e presentadora. Un, dos, tres... responda otra vez Las revistas del corazón (1984) como artista invitada. Las revistas del corazón (1985) como concursante. Gran Hermano VIP (2004), como concursante. Tu cara me suena (2013-2014), como concursante.
Premios Foi galardoada con varias figuras nos Premios Casandra, e foi recoñecida cun Casandra Especial durante a celebración dos Premios Casandra 2009. Foi galardoada nos premios Billboard e Lo Nuestro, respectivamente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Twitter Fanpage en Facebook Ángela Carrasco en MySpace
Categoría:Músicos da República Dominicana Categoría:Actores de teatro Categoría:Cantantes da República Dominicana Categoría:Nados na República Dominicana Categoría:Nados en 1950