A lira (en turco: Türk lirası) é a moeda de curso legal de Turquía e da República Turca do Norte de Chipre. O seu código ISO 4217 é TRY e divídese en 100 kuruş.
Primeira lira, 1844-2005 En 1844 introduciuse por primeira vez a lira. Substituíu o kuruş como unidade monetaria principal, pasando a ser unha subdivisión da lira. O para tamén seguiu utilizándose, tendo a equivalencia de 40 para = 1 kuruş. Ata a década de 1930, as moedas cuñábanse con inscricións en alfabeto árabe, utilizando پاره para o para, غروش para o kuruş e ليرا para a lira. En occidente, o kuruş era coñecido como "piastra", á vez que en Francia á lira chamáballa "libra" (en francés: livre).
Entre 1844 e 1881 a lira baseábase en dous sistemas: por unha banda equivalía a 6,61519 gramos de ouro puro, ou 99,8292 gramos de prata pura. En 1881 adoptouse o patrón de base en ouro ata 1914. Coa primeira guerra mundial, Turquía abandonou o sistema do ouro e viu como a lira perdeu o seu valor ata principios da década de 1920.
Tras varios períodos de fixación á libra esterlina e ao franco francés, en 1946 a lira fixouse ao dólar estadounidense cunha taxa de cambio de 2,80 TRL = 1 USD. Esta paridade mantívose ata 1960, cando a moeda depreciouse a 9 liras por dólar. Desde 1970 sucedéronse varias taxas de cambio mentres a lira ía perdendo o seu valor.
Debido á inflación crónica acontecida en Turquía desde a década de 1970 ata 1990, a lira experimentou unha severa depreciación no que ao valor refírese. Turquía había ter altas taxas de inflación comparadas a outros países en vías de desenvolvemento, pero nunca sufriu a hiperinflación. Desde as 9 liras por dólar que se cambiaban en 1960, en 2001 un dólar chegou a cambiarse por 1,65 millóns de liras. Este incremento da inflación representa un crecemento do 38% anual.
Nos seus últimos anos, a lira turca logrou estabilizarse e ata o seu valor creceu fronte ao dólar ou ao euro. O Guinness Book of Records clasificou á lira turca como a moeda menos valorada de todo o mundo entre 1995 e 1996 e, de novo, en 1999 ata 2004. O valor da lira deslizouse ata tal punto que unha lira de ouro orixinal podería venderse aproximadamente por 120 millóns de liras anteriores á revaluación de 2005.
Moedas Entre 1844 e 1855 introducíronse as primeiras moedas de 1, 5, 10, 20 e 40 para, ½, 1, 2, 5, 10, 20 kuruş e ¼, ½, 1, 2½ e 5 liras. As denominacións en para cuñáronse en cobre, os kuruş en prata, e as liras en ouro. A produción de moedas de 1 para foi descontinua en 1859, cesando a produción das denominacións máis altas de cobre en 1863 e 1879. En 1899 introducíronse moedas de 5 e 10 para de billón seguidas, en 1910, de 5, 10, 20 e 40 kuruş de níquel en 1910. A produción de moedas de prata e ouro finalizou como consecuencia da primeira guerra mundial.
En 1922 e 1923, introduciuse un novo sistema monetario composto de moedas de 100 para de bronce-aluminio, 5 e 10 kuruş de bronce-aluminio e 25 kuruş de níquel. Esta serie foi a última en levar inscricións árabes.
En 1934, cuñouse unha moeda de prata de 100 kuruş, seguida por unha nova serie de moedas ao ano seguinte consistente en 1 kuruş de cuproníquel, 5 e 10 kuruş de prata e 50 kuruş e 1 lira tamén de prata. Entre 1940 e 1942 cuñáronse moedas de 10 para de bronce-aluminio, e foron as últimas moedas desta denominación. O latón substituíu a prata nas moedas de 25 kuruş en 1944, e introducindo novos tipos de 1, 2½, 5, 10 e 25 de latón entre 1947 e 1949. A produción de moedas de 50 kuruş e 1 lira de prata foi descontinua en 1948, cuñándose finalmente 1 lira de cuproníquel en 1957.
Entre 1958 e 1963, introducíronse 1, 5 e 10 Kuruş de bronce, e 25 Kuruş, 1 e 2½ de aceiro seguidos, en 1971, de moedas de 50 Kuruş de aceiro, e 5 liras de aceiro en 1974. O aluminio substituíu o bronce en 1975. Estas moedas emitíronse ata 1980.
Denominación EmisiónMetal Diámetro(mm) Peso(g) Anverso Reverso1 Kuruş1961-1963 Latón14,101,00Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe1 Kuruş1963-1974 Cu+Zn14,101,00Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe1 Kuruş1975-1977 Al14,100,40Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe5 Kuruş1958-1974 Cu+Zn17,002,00Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de oliveira5 KURUŞ - Póla de carballo - ano de cuñaxe5 Kuruş1975-1977 Al17,000,80Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de oliveira5 KURUŞ - Póla de carballo - ano de cuñaxe10 Kuruş1958-1974 Cu+Zn21,004,00Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo10 KURUŞ - Espiga de trigo - ano de cuñaxe10 Kuruş1975-1977 Al21,001,40Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo10 KURUŞ - Espiga de trigo - ano de cuñaxe25 Kuruş1959-1978 Aceiro22,604,00Muller transportando unha ánfora - TÜRKİYE CUMHURİYETİ25 KURUŞ - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe50 Kuruş1971-1979 Aceiro25,006,00Muller vestida co traxe rexional - TÜRKİYE CUMHURİYETİ50 KURUŞ - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe1 Lira1959-1980 Aceiro27,008,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ1 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe2½ Liras1960-1980 Aceiro30,009,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ2½ LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe5 Liras1974-1979 Aceiro32,5011,00Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe
En 1981, coa inflación crecendo, introducíronse moedas de 1, 5 e 10 liras de aluminio. Posteriormente engadíronse denominacións máis altas: 20, 50 e 100 liras en 1984, 25 liras en 1985, 500 liras en 1988, 1.000 liras en 1990, 2.500 liras en 1991, 5.000 liras en 1992, 10.000 liras en 1994, 25.000 liras en 1995, 50.000 e 100.000 liras en 1999, e 250.000 liras en 2002. Algunhas destas moedas, viron reducido o seu tamaño ou a cantidade de metal debido á inflación.
Denominación Emisión Metal Diámetro(mm) Peso(g) Anverso Reverso1 Lira1981-1989 Al17,201,10Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ1 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe5 Liras1981-1983 Al21,001,70Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe5 Liras1984-1989 Al21,001,70Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe10 Liras1981-1983 Al25,002,40Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ10 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe10 Liras1984-1989 Al25,002,40Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ10 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe20 Liras1984-1989 Cu+Ni23,506,70Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ20 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe25 Liras1985-1989 Al27,002,80Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ25 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe50 Liras1984-1987 Cu+Ni26,809,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ50 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe50 Liras1988-1994 Latón18,753,30Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ50 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe100 Liras1984-1988 Cu+Ni29,6011,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ100 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe100 Liras1988-1994 Latón20,754,10Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ100 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe500 Liras1989-1997 Latón23,756,10Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ500 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe1.000 Liras1990-1994 Latón25,508,10Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ1000 LİRA - Espigas de trigo - Crecente luar - ano de cuñaxe1.000 Liras1995-1997 Latón17,003,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ1000 LİRA - Espigas de trigo - Crecente luar - ano de cuñaxe2.500 Liras1991-1997 Latón27,509,30Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ2500 LİRA - Póla de plátano - Crecente luar - ano de cuñaxe5.000 Liras1992-1994 Latón28,7510,30Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ5000 LİRA - Tulipanes - Crecente luar - ano de cuñaxe5.000 Liras1995-1999 Latón19,506,003,50Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ5000 LİRA - Tulipans - Crecente luar - ano de cuñaxe10.000 Liras1994-1998 Latón23,509,756,75Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ10 BİN LİRA - Clavel - Crecente luar - ano de cuñaxe25.000 Liras1995-2000 Latón26,0011,00Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ25 BİN LİRA - Rosa - Crecente luar - ano de cuñaxe50.000 Liras1996-2000 Latón28,0011,70Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ50 BİN LİRA - Follaxe de plátano - Crecente luar - ano de cuñaxe50.000 Liras2001 Latón17,753,20Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ50 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe100.000 Liras1999-2000 Latón21,004,60Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ100 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe250.000 Liras2002 Latón23,506,40Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ250 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe
Billetes O Banco Imperial Otomán emitiu por primeira vez papel moeda coñecido como kaime en 1862, en denominacións de 200 kuruş. Os billetes tiñan textos en turco e francés. En 1873 engadíronse billetes de 1, 2 e 5 liras. Máis tarde, en 1876, engadíronse outros billetes de denominacións máis pequenas de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 kuruş. En 1908, engadíronse denominacións de 50 e 100 liras.
Desde 1912, o Ministerio de Economía emitiu papel moeda. Ao principio os billetes emitíronse en denominacións de 5 e 20 kuruş, ¼, ½, 1 e 5 liras, seguidos ao ano seguinte por billetes de 1 e 2½ kuruş, 10, 25, 50, 100 e 500 liras. En 1914 engadíronse os billetes de 1.000 liras e, en 1917, emitíronse selos de correos a modo de diñeiro de 5 e 10 para que se adherían a un cartón.
En 1926, o Ministerio de Economía introduciu os primeiros billetes en nome da República de Turquía en denominacións de 1, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Estes billetes foron os últimos en imprimirse en francés e turco (con escritura árabe). Cada billete tiña o retrato de Mustafa Kemal Atatürk.
Entre 1937 e 1939, o Banco Central de Turquía introduciu novos billetes con textos en turco en alfabeto latino e co retrato do presidente İsmet İnönü. Estes billetes tiñan denominacións de 2½, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Os billetes de 1 lira se reintroduciron en 1942, seguidos dos de 50 kuruş que non se emitiron desde a segunda guerra mundial en 1944. Trala guerra estas dúas últimas emisións foron substituídas por moedas.
A comezos da década de 1950, Atatürk volveu aparecer nos billetes. En 1960 os billetes de 2½ liras substituíronse por moedas. O mesmo ocorreu cos billetes de 5 liras en 1974 e 10 liras en 1981. Durante os anos 80 e 90 introducíronse billetes de denominacións máis altas: 5.000 liras en 1981, 10.000 liras en 1982, 20.000 liras en 1988, 50.000 liras en 1989, 100.000 liras en 1991, 250.000 liras en 1992, 500.000 liras en 1993, 1 millón de liras en 1995, 5 millóns en 1997, 10 millóns en 1999 e 20 millóns en 2001.
Os billetes con denominacións máis altas do sétimo grupo de emisión (a partir de 250.000 liras) pódense cambiar aínda por billetes de novas liras (co cambio de 1 000 000 a 1) nas oficinas de Banco Central de Turquía ata o 31 de decembro de 2015. Os billetes de 50.000 liras deixaron de cambiarse en novembro de 2009 e os de 100.000 liras o 4 de novembro de 2011.