dereita|180px O theta latino ( , ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino. Está baseada na letra grega theta.

Uso No Alfabeto Fonético Internacional representa a consoante dental fricativa xorda, como en galego (nas zonas non seseantes) “moza” [ˈmoθa̝] ou “cero” [ˈθɛɾo̝]. O theta forma parte do alfabeto de linguas norteamericanas coma o comox, o kickapoo, e o yavapai. Tamén se emprega no vakhí. É unha das letras do alfabeto da Unión Romaní Internacional creado en 1990 para o romaní.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Theta

Categoría:Tipografía Categoría:Grafémica Categoría:Alfabeto latino