Acción Agraria foi un periódico publicado en Caldas de Reis en 1917.

Historia e características Apareceu o 5 de agosto de 1917.El Progreso, 8-8-1917, p. 2. Semanario que era órgano da Federación Agraria do Partido Xudicial de Caldas de Reis. Polemizou con El Bólido. Entre os seus colaboradores figurou José Vázquez Grela. Parece que cesou a súa publicación a finais dese ano de 1917. Foi continuado por El Agrario. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Caldas de Reis Categoría:Prensa agraria Categoría:1917 en Galicia