A árbore do té non ten nada en común coa planta do té (planta).

A árbore do téNingún dicionario galego recolle o nome desta especie; o nome vulgar escollido é igual que o vulgar das outras linguas achegadas: portugués: árvore-do-chá, castelán: árbol del té, catalán: arbre del te, francés: arbre à thé, inglés: tea-tree. (Melaleuca alternifolia), tamén coñecido coma árbore do té de follas estreitas (Narrow-leaved Tea-tree en inglés) é unha especie de arboriña autraliana do xénero de plantas Melaleuca (familia: Myrtaceae (as mirtáceas). Ten multitude de usos cosméticos e medicinais.

Distribución e hábitat É nativo de Australia, medrando en terreos húmidos e lamacentos da costa norte de Nova Gales do Sur.

Descrición É un arbusto ou arboriña que acada os 5 metros de altura. As follas son estreitas e recendentes, lineares, de 10 a 35 mm de longo e 1 mm de largo. As flores son abrancazasas e medran en espigas de 3–5 cm de longo. O froito é miúdo e lígneo, en forma de copa mide 2–3 mm de diámetro.Harden, G.J., (ed), Flora of New South Wales, Vol. 2, 1991, ISBN 0-86840-172-2

Propiedades Desta planta obtense un aceite esencial chamado igualmente árbore do té que é antiséptico, antifúnxico e antibiótico; Ten efectos cicatrizantes polo seu contido antibiótico; Úsase coma antiséptico e desodorizante en xampús e xabóns comerciais; Utilízase coma axente medicinal para tratar unha chea de affeccións da pel; É moi efectivo en afeccións da gorxa e boca facendo gargarexos cunhas pingas do óleo e unha pouca auga. As pescudas sobre as súas propiedades curativas nas últimas décadas levou cada vez a máis facultativos da escola ortodoxa a recomendar preparados elaborados a base de aceite da árbore do té coma substituíntes de medicamentos sintéticos.

Composición química A droga é un aceite esencial (Melaleuca alternifoliae aetheroleum) sendo un líquido de incoloro a ámbar pálido, cun cheiro forte característico. Obtense das follas e pólas novas por destilación.

Este aceite ten un centenar de compoñentes. Os principais compoñentes químicos son unha mestura complexa de alcois mono e sesquiterpénicos:

Terpinen-4-ol (29–45%) γ -terpina (10–28%) α -terpina (2,7–13%) 1,8-cineol (4,5–16,5%)

Efectos secundarios do aceite esencial da árbore do té Cómpre empregar o aceite en uso externo e nunca inxerilo. Poden existir fenómenos de alerxias.

Este aceite é tóxico a pequenas doses se o tragan os animais de compaña.(en inglés)Tea Tree Oil - Drugs & Vitamins - Drug Library - DrugDigest En humanos téñense descritos numerosos efectos secundarios.(en inglés)(en inglés) Os síntomas inclúen a ataxia, mareos, náuseas e certa desorientación. O coma pode ocorrer con fortes doses.

Pódese utilizar como compoñente en cremas, a condición de que estes últimos se reserven aos adultos e que non sexan tragados.

O óleo semella tamén ter propiedades estroxénicas téndoo coma responsábel do aumento dos seos (xinecomastia) en rapaces que, sen acadar a puberdade, utilizaron xabóns que contiñan este aceite.(en inglés)Prepubertal gynecomastia linked to lavender and tea tree oils , Derek V. Henley, Natasha Lipson, Kenneth S. Korach, Clifford A. Bloch, New Eng J Med, 2007;356:479-485

Notas

↑ (en)Hammer K, Carson C, Riley T, Nielsen J (2006). "A review of the toxicity of Melaleuca alternifolia (tea tree) oil.". Food Chem Toxicol 44 (5): 616-25. PMID 16243420. ↑ ^ ↑ (en)Del Beccaro M (1995). "Melaleuca oil poisoning in a 17-month-old.". Vet Hum Toxicol 37 (6): 557-8. PMID 8588296. ↑ (en)Jacobs M, Hornfeldt C (1994). "Melaleuca oil poisoning.". J Toxicol Clin Toxicol 32 (4): 461-4. PMID 8057407. ↑ Morris M, Donoghue A, Markowitz J, Osterhoudt K (2003). "Ingestion of tea tree oil (Melaleuca oil) by a 4-year-old boy.". Pediatr Emerg Care 19 (3): 169-71. PMID 12813303. ↑ (en)Prepubertal gynecomastia linked to lavender and tea tree oils, Derek V. Henley, Natasha Lipson, Kenneth S. Korach, Clifford A. Bloch, New Eng J Med, 2007;356:479-485

Véxase tamén Ligazóns externas

Propiedades, cultivo e usos da árbore do té (en castelán)

Arbore do te Arbore do te Arbore do te