Alfredo Suárez de la Escosura, nado en Oviedo cara a 1870 e finado en Madrid en decembro de 1900, foi un avogado e xornalista asturiano.
Traxectoria Cursou o bacharelato no Instituto de Oviedo. Comezou a carreira de dereito na Universidade de Oviedo e rematouna na Universidade Central de Madrid en 1893. Traballou na Delegación de Facenda. Foi secretario do Centro Asturiano de Madrid, redactor de El Heraldo de Madrid e colaborou na prensa ovetense. Dirixiu o periódico La Verdad de Monforte de Lemos en 1893. Abriu bufete en Madrid e traballou en empresas comerciais e como funcionario. Foi redactor e administrador de El Globo e redactor de La Unión Católica.
Obras Pensamientos, 1890.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía
Categoría:Avogados Categoría:Xornalistas de Asturias Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Finados en 1900 Categoría:Nados en 1870