Santa Eulalia de Limodre é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Fene. Segundo o IGE en 2013 tiña 468 habitantes (242 mulleres e 226 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes.

Entre 1999 e 2017, na súa pista polideportiva e no parque A Hortiña, celebrouse un festival de música pop chamado Felipop. Limodre tamén ten 4 praias chamadas Río Sandeo, Coido, Almieiras e Río Castro.

Lugares e parroquias

Lugares de Limodre

Parroquias de Fene

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Fene

Categoría:Parroquias de Fene Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eulalia