San Román de Doniños é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Ferrol. Segundo o INE no ano 2018 tiña 803 habitantes (394 homes e 409 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación.
Xeografía Batería de San Carlos.|dereita|miniatura|250px miniatura|dereita|250px|Igrexa parroquial de San Román Nesta parroquia está a lagoa de Doniños, fronte á praia de Doniños, encaixada nun val arrodeado por covos mariños. A zona especial de conservación (ZEC) Costa Ártabra (que abrangue parte da comarca de Ferrolterra) acolle á praia de Doniños, o seu complexo dunar e a propia lagoa, de case nove metros de profundidade.
Arrodeada por manchas boscosas de ribeira, destaca na súa vexetación a presenza de plantas acuáticas nas beiras da lagoa, como a Ranunculus aquatilis, a Potamogeton natans ou a Nimphaea alba. A Eleocharis acicularis e a Litorella uniflora pódense atopar nas áreas encharcadas. As aves tamén abondan, coa presenza de exemplares de galiñolas, mergullóns, lavancos e cercetas.
Existe unha lenda, da que corren diferentes versións, de que onde hoxe se atopa a lagoa houbo unha cidade chamada ValverdeCidade que tamén se sitúa noutros lugares., que resultou asolagada como castigo divino pola súa impiedade. Cóntase que cando Xesús andaba polo mundo veu dar a Doniños. Pediu esmola e comida pero ninguén o atendeu, agás unha muller que parteu con el o pan que gardaba para os seus meniños. Xesús decideu destruír a cidade e advertiu á muller para que subise a algún lugar alto. Así o fixo pero cando escoitou o entrondo causado pola inundación, momento no que perdeu o sentido e caeu morta. O berce no que levaba os meniños saíu aboiando e os meniños puideron salvarse, e deses Dous meniños vén o nome do lugar: Doniños...Gran Enciclopedia Galega, s. v. Doniños. (reproducida por González Reboredo, px. 99).
A praia de Doniños é rectilínea, de area branca e fina, ventosa e con forte ondaxe sita nun contorno rural. Ten dúas zonas diferenciadas: Punta Penencia (pouco masificada) e Outeiro (máis ocupada). Trátase do principal centro de atracción na cidade de Ferrol para a práctica do surf, xunto con areais como Pantín, xa no concello de Valdoviño.
Dotada de Bandeira Azul, trátase dunha praia aberta, cunha lonxitude de 1,7 quilómetros. A súa ocupación é alta na tempada estival. É o areal máis próximo ao casco urbano de Ferrol (6 quilómetros).
Historia e patrimonio A Punta do Castro (Castro de Lobadiz) son uns restos dun poboamento castrexo prerromano situado no límite norte do areal, no que se atoparon xoias e atributos de dignidade celtas, ademais dos restos dun castelo e as instalacións dunha batería de artillaría de costa, servida pola Armada.
O 25 de agosto de 1800 tivo lugar a batalla de Brión. Unha dotación da Armada Inglesa composta por navíos de guerra e infantaría tentou ocupar a cidade de Ferrol, desembarcando na praia de Doniños. Porén, as tropas do almirante Warren tiveron problemas coa resaca do mar, sendo as chalupas pasto dos canóns ferroláns. Contan as crónicas que "o camiño estaba ben defendido e o paso pola lagoa de Doniños era impracticable", polo que "a praia de Doniños contribuíu á derrota inglesa".
As Festas patronais son os días 9 e 10 de agosto.
Lugares e parroquias Lugares de Doniños
Parroquias de Ferrol
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ferrol
Categoría:Parroquias de Ferrol Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Román