Fitz and The Tantrums é unha grupo musical estadounidense de neo soul/indie pop formada nos Ánxeles no 2008. O seu primeiro álbum, Pickin' Up the Pieces, estreouse en agosto de 2010, recibiu louvanzas da crítica e acadou o No. 1 na clasificación da revista Billboard.[ Fitz & the Tantrums] at Billboard.com Foron descritos como "grupo no que reparar" no número de abril de 2011 de Rolling Stone. Actualmente asinaron co selo discográfico Elektra Records.

A banda está formada por Michael Fitzpatrick (voz e teclado), Noelle Scaggs (voz e percusión), James King (saxofón, frauta, teclado, percusión e guitarra), Joseph Karnes (baixo), Jeremy Ruzumna (teclado) e John Wicks (batería e percusión). O grupo é producido por Chris Seefried, que tamén é coautor das cancións.

Discografía Álbum Ano Selo Pickin' Up the Pieces 2010 Dangerbird More Than Just a Dream 2013 Elektra ''Fitz and the Tantrums 2016 Elektra

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais formados en 2008