250px|miniatura|dereita|Decreto de prohibición da lingua catalá na Cerdaña, Conflent e Roselló do 1700. miniatura|Cartel na cidade de Valencia contra os produtos cataláns. A catalanofobia ou anticatalanismo é un sentimento de odio cara ao pobo, lingua e cultura catalás. Segundo o dicionario de lingua catalá do Institut d'Estudis Catalans, a catalanofobia é "unha aversión a Cataluña, aos cataláns ou a todo o que é catalán".«Catalanofòbia», Diec2, Barcelona, Edicions 62, 2007, pàgina 334, ISBN 978-84-412-1454-5 o ISBN 978-84-297-5977-8 É o contrario do catalanismo.
Xa na Guerra del Segadors houbo unha conduta catalanofóbica, o poeta Francisco de Quevedo escribiu textos como: "En tanto en Cataluña quedase un solo catalán, y piedras en los campos desiertos, hemos de tener enemigos y guerra. "Son los catalanes aborto monstruoso de la política" "El catalán es la criatura más triste y miserable que Dios crió"L'anticatalanisme de Quevedo , na Fundació d'Estudis Històrics de Catalunya. "Son los catalanes el ladrón de tres manos"
Na actualidade existen grupos ultradereitistas ou españolistas, como por exemplo, España 2000, que son amplamente catalanófobos. Dende a aposta polo independentismo catalán do goberno de Artur Mas (CiU), o sentimento anticatalanista aumentou nas comunidades autónomas de España, especialmente nas exclusivamente castelanfalantes.
En Aragón, o PP e o PAR aplicaron unha nova lei na que se deixaba de chamarlle catalá á lingua catalá na Franxa de Aragón, que dende 2013 pasou a chamarse Lapao (Lingua aragonesa propia da área oriental).Aragón excluye al catalán de sus lenguas oficiales, ahora se llama Lapao
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xenofobia Cataluña
Ligazóns externas Base de datos sobre a catalanofòbia
Categoría:Sentimento antinacional