O voo 370 de Malaysia Airlines (MH370,CBC News, "Malaysia Airlines jet missing, 2 Canadians among 239 on board", 7 de marzo de 2014 tamén designado segundo un acordo de código compartido como voo 748 CZ de China Southern Airlines)China Southern flight CZ 748: Kuala Lumpur - Capital, Beijing, FlightMapper.net. 7 de marzo de 2014. foi un voo internacional de pasaxeiros, operado por un avión Boeing 777-200ER que transportaba 227 pasaxeiros e 12 tripulantes. O voo 370 partiu da capital de Malaisia Kuala Lumpur, ás 00:41 do 8 de marzo de 2014 (hora local; UTC+8) nun voo de seis horas de duración cara á capital da China, Pequín. O centro de control de tráfico aéreo de Subang informou ás 02:40 que se perdera o contacto co aparello. As autoridades dos Estados Unidos, Australia, China, Filipinas, Indonesia, Malaisia, Singapur, Tailandia e Vietnam montaron un dispositivo de busca e rescate conxunto, para buscaren os restos do aparello no mar da China Meridional.
O FBI investigou a posibilidade que fora un caso de terrorismo, focalizando a súa atención ao feito que cando menos dous pasaxeiros tiñan identidades falsas. e o xefe da forza aérea de Malaisia, Rodzali Daud, afirmou que os sinais do radar amosan a posibilidade que a aeronave dera a volta, tras días de busca infrutuosa os investigadores concluíron que a aeronave desviara a súa ruta, dirixíndose cara ao oeste cruzando a península Malaia e voando durante horas despois de desaparecer do radarAndy Pasztor Missing Airplane Flew On for Hours The Wall Street Journal, 12 de marzo de 2014.Bob Orr Did Malaysian plane fly toward Indian Ocean after last contact? CBS News, 13 de marzo de 2014, dirixíndose intencionadamente cara ao Índico. O 20 de marzo, unha serie de imaxes de satélite amosaron posibles restos da aeronave no sur do Índico, ao suroeste de Australia, incrementándose a busca nesa zona. Avións militares chineses e australianos avistaron máis restos en áreas próximas o 24 de marzo. baseándose en análises de investigadores da aviación británica e da compañía de satélites Inmarsat fontes do goberno malaisiano e de Malaysia Airlines afirmaron que o avión caeu ao mar no sur do Índico, morrendo todos os seus ocupantes.
miniatura|Área teórica de busca do aeroplano, en azul zona aproximada onde as autoridades malaias afirman que o avión caeu ao mar.
Aparello O Boeing 777-200ER, rexistrado como 9M-MRO entrou na frota de Malaysia Airlines como un aparello novo o 31 de maio de 2002. Ten dous motores Rolls-Royce Trent 800. Anteriormente sufrira outro incidente, en terra, o 9 de agosto de 2012 no Aeroporto Internacional de Shanghai-Pudong cando unha das súas ás bateu cun Airbus A340-600 da China Eastern Airlines..
Incidente O voo partiu do Aeroporto Internacional de Kuala Lumpur sen novidade aparecendo por derradeira vez no sistema de control automatizado do tráfico aéreo nas coordenadas , aproximadamente a 100 km a NNE de Kuala Terengganu, cesando a comunicación pouco despois de pasar polo centro de control aéreo de Ho Chi Minh Area. No tempo da súa desaparición, a aeronave tiña suficiente combustible para seguir voando sete horas e media.Malaysia Airlines loses contact with jet carrying 239 people; cnn; 8 de marzo de 2014.
Reaccións A aeroliña confirmou que as operacións de busca e rescate comezaran, dous navíos de rescate chineses desprazáronse ao mar da China Meridional para colaboraren.Search launched for Malaysian airliner KTVZ e as autoridades malaisianas tamén enviaron un avión, dous helicópteros e catro navíos para participaren nos traballos de procura.Vietnam, Malaysia mount search for plane - Sky News Australia Filipinas tamén desprazou un avión de para axudar nos labor. E Singapur enviou un C-130 Hercules para asistir na busca da aeronave desaparecida .
En 2019, o primeiro ministro de Malaisia, Mahathir bin Mohamad, subliñou que nunca renunciaría a buscar o paradoiro do avión.
Pasaxe e tripulación Segundo Malaysia Airlines, o capitán do voo era un malaisiano de 53 anos cunha experiencia de 18.365 horas de voo que entrara na compañía en 1981. O primeiro oficial tamén era malaisiano, de 27 anos, con 2.763 horas de voo, e empregado desde 2007.
Segundo a listaxe publicada pola aeroliña había pasaxeiros de 15 nacionalidades diferentes, todos os 12 tripulantes eran de nacionalidade malaisiana.
Nacionalidade Pasaxeiros 6 1 2 152 4 1 5 7 1 38 1 2 1 1 2 3 Total (15 nacionalidades) 227
Notas
Malaysia Airlines Malaysia Airlines Categoría:Accidentes e incidentes de Malaysia Airlines