miniatura|Países e subdivisións autónomas nas cales unha lingua turca ten un status oficial.
Os pobos turcos do norte e o centro de Eurasia son pobos que falan linguas da familia turca, e que comparten varios trazos históricos e culturais en diferentes graos. As linguas turcas son unha subdivisión da familia das linguas altaicas e unha das máis amplamente estendidas no mundo, xa que se falan nunha vasta rexión que vai desde Europa até Siberia, incluíndo as sociedades existentes como: turcos, azerís, chuvaxos, kazakos, tártaros, kirguiz, turcománs, uigures, uzbekos, baxkires, kashgai, gagauz, iakutos, Karaites, crimchacos, caracalpacos, karachais, bálcaros, nogais; así como civilizacións do pasado tales como os köktürks, cumanos, kipchaks, ávaros, protobúlgaros, turgesh, kházaros, seliúcidas, otománs, mamelucos, timures e probabelmente os hunos e os xiongnu.
Distribución xeográfica miniatura|Número de falantes nativos da familia das linguas turcas.
Os pobos turcos teñen moitas ramas, e a súa poboación total é de ao redor de 150 millóns de individuos. Aproximadamente a metade son turcos de Turquía, que na súa maoir parte habitan no mesmo país e nas rexións dominadas antigamente polo Imperio Otomán en Europa oriental, o norte de África e o Oriente Próximo. A outra metade dos turcos encóntranse en Asia Central, Rusia, o sur do Cáucaso e o noroeste de Irán.
Na actualidade hai seis países turcos independentes: Azerbaidján Kazakhstán Kirguizistán Turkmenistán Turquía e Uzbekistán
A República Turca do Norte de Chipre só é recoñecida por Turquía e Nakhicheván (unha rexión autónoma de Azerbaidján).
Existen varias repúblicas autónomas turcas e rexións gobernadas polos turcos na Federación rusa: República de Altai, Baxkortostán, República dos Chuvaxos, Daguestán, Khakasia, Karachai-Cherkesia, Tartaristán, Tuvá e Iakutia. Cada república autónoma turca da Federación Rusa ten a súa propia bandeira, parlamento, leis e lingua oficial.
Hai outras dúas rexións autónomas turcas importantes: a Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang (tamén coñecida como Turquestán Oriental), no oeste da China, e rexión autónoma de Gagaucia, situada en Moldova oriental. Ademais, hai varias rexións turcas non recoñecidas en Irán e partes de Iraq, Afganistán, Paquistán, Tadjiikistán e parte de Kazakhstán.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Alpamysh, H.B. Paksoy: Central Asian Identity under Russian Rule (Hartford: AACAR, 1989)
Amanjolov A.S., "History of the Ancient Turkic Script", Almaty, "Mektep", 2003, Baichorov S.Ya., "Ancient Turkic runic monuments of the Europe", Stavropol, 1989 Baskakov, N.A. 1962, 1969. Introduction to the study of the Turkic languages. Moscova
*