Victor Andrew de Bier Everleigh McLaglen, nado en Tunbridge Wells o 10 de decembro de 1886 e finado en Newport Beach (California) o 7 de novembro de 1959 foi un actor de cinema inglés, nacionalizado estadounidense.

Traxectoria Uniuse ao exército aos catorce anos para loitar na Segunda Guerra Bóer, pero foi expulsado ao descubrirse a súa verdadeira idade. Catro anos máis tarde marchou ao Canadá onde triunfou como boxeador. Volveu ao Reino Unido en 1913, chegando a ser capitán durante a primeira guerra mundial.

Nos anos vinte trasladouse a Hollywood, onde alcanzaría sona como actor de carácter, en varias ocasións interpretando irlandeses. En 1935 gañou o Oscar ao mellor actor por O delator, de John Ford.

Filmografía Ano Título 1920 The Call of the Road 1925 The Unholy Three 1926 What Price Glory? 1926 Beau Geste 1927 The Loves of Carmen 1931 Three Rogues 1932 While Paris Sleeps 1933 Dick Turpin 1934 The Lost Patrol 1935 Under Pressure 1935 O delator 1936 Magnificent Brute 1936 Under Two Flags 1937 Sea Devils 1937 Wee Willie Winkie 1939 Rio 1939 Captain Fury 1939 Pacific Liner 1939 Gunga Din 1944 The Princess and the Pirate 1947 The Foxes of Harrow 1947 Calendar Girl 1948 Fort Apache 1949 She Wore a Yellow Ribbon 1950 Rio Grande 1952 O home tranquilo 1954 O príncipe valente 1955 City of Shadows 1956 A volta ao mundo en oitenta días 1958 Sea Fury

Véxase tamén

Ligazóns externas

McLaglen's en Cyber Boxing Zone Fotografías

Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Kent, Inglaterra Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Óscar ó mellor actor