Kátia Liliana dos Santos Aveiro, máis coñecida como Kátia Aveiro ou Ronalda é unha cantante portuguesa.
Comezou a súa carreira no ano 2005, co alcume de Ronalda pero no 2013 saca o primeiro sinxelo co seu nome, Katia Aveiro, Boom sem parar.
Carreira 2005-13: Ronalda No 2005 comeza a súa carreira musical baixo o alcume de «Ronalda», facendo referencia ao seu irmán, o futbolista Cristiano Ronaldo. A maioría das cancións que compón Kátia son baladas, xa que falan do amor e teñen un ritmo lento.
O seu primeiro disco, chamado Pronta pra te amar, foi editado en 2005 e constaba de once cancións totalmente en portugués, o primeiro sinxelo levaba por título o mesmo que o CD: Pronta pra te amar.
Ao ano seguinte, Kátia, despois do seu éxito obtido, lanzou Esperança (2006). Foi tal o éxito deste cd en Portugal que Kátia fixo a súa primeira xira, Esperança Tour, por todo o país. A canción que máis repercusión tivo foi «Obrigada man», unha canción dedicada ao seu irmán Cristiano Ronaldo.
Kátia publicou o seu terceiro disco de estudo, chamado De corpo e alma, un disco bastante decisivo na súa carreira, xa que despois deste cd, estaría sen volver cinco anos aos escenarios. O disco contén a canción de apoio á selección de fútbol portuguesa no Mundial de Fútbol de 2006, e unha canción ao seu pai falecido, Dinis Aveiro, chamada Hope to see you.
Dende 2013 até 2014 Despois de cinco anos, Kátia deixou de ser Ronalda para volver aos escenarios. Foi producida por Redone, o produtor de Just dance (de Lady Gaga) e Live it up (de Jennifer Lopez), entre outros. A canción principal chámase Boom sem parar, e saíu ao mercado en 2013, unha canción que en menos de quince días contaba cun millón de visitas en Youtube.
Kátia obtivo tanto éxito, que é o seu primeiro traballo internacional, tendo presentacións en Portugal, Galiza, España, Francia e o Brasil. O 28 de febreiro de 2014 anunciouse que participará na nova edición do reality espectáculo, Superviventes 2014 na cadea española Telecinco.
Discografía Álbums 2005 - Pronta pra te amar 2006 - Esperança 2007 - De corpo e alma Sinxelos 2005 - Pronta pra te amar 2013 - Boom sem parar Filmografía Televisión 2014 - Supervivientes 2013 - Sálvame 2013 - Luar 2013 - Só Visto! Kátia Aveiro presenta o seu novo álbum en Só Visto! 2013 - Você na TV! 2012 - A Túa Cara Não Me é Estranha Kátia Aveiro canta Paula Fernandes en A túa Cara Não Me é Estranha 2011 - Globos de Ouro 2010Kátia nos Globos de Ouro 2009 - Vip Manicure 2008 - Fama Show
Notass
Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados na rexión autónoma de Madeira