Oleg de Kíiv ou de Nóvgorod, tamén chamado Oleh (eslavo: Олег; nórdico antigo: Helgi; kházaro: posibelmente, Helgu), e nas nacións eslavas coñecido como Oleg o Sabio (ruso: лег Вещий; ucraíno: Олег Віщий), nado en data descoñecida e finado en 912, foi un príncipe varego do Rus de Kíiv, da dinastía dos ruríkidas que reinou de 882 a 921.
Traxectoria Parente e sucesor de Rúrik, o príncipe de Nóvgorod, probabelmente un cuñado,Considerouse en ocasións como fillo de Rúrik como, por exemplo en era un varego de orixe (é dicir, un viquingo orixinario de Suecia), que tomou a herdanza de Rúrik, a dirección dos asuntos da Rus.
Reinaría trinta e tres anos na Rus de Kíiv, primeiro como príncipe de Nóvgorod, de 879 a 912, e despois como príncipe e Kíiv desde 882, ano en que traslada a súa capital á cidade de Kíiv, fundando o poderoso Estado da Rus de Kíiv.
Segundo as crónicas eslavas orientais, como a Crónica de Néstor, tivo o dominio absoluto da rexión durante os anos do seu reinado, datas que non concordan coa Carta de Schechter,O texto da Carta de Schechter dase en Golb, pp. 106-121. Cítase neste por folio e liña, por exemplo SL de Schechter Letter, Carta de Schechter en inglés Fol. x:x). Este é un documento escrito por un kházaro xudeu contemporáneo de Romano I, no que se describen as actividades dun señor da guerra rus chamado Hlgw (hebreo: הלגו), normalmente transcrito como "Helgu". (SL Fol. 2º, 15-16; 17). O autor da carta describe Khazaría como a "nosa terra". (SL Fol. 1º: 19, 2v: 15,20. na que se mencionan as actividades de certo Gran Khan dos rus nos anos 940.
O seu sucesor foi Ígor de Kíiv.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Rúrik República de Nóvgorod Rus de Kíiv
Categoría:Historia de Rusia Categoría:Historia de Ucraína Categoría:Finados en 912 Categoría:Dinastía Ruríkida