O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, raposa ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.
O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin. Entre tódolos raposos, o raposo común representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora. Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes. Malia que tamén é coñecido como raposo vermello, a especie a miúdo produce individuos con outras cores, incluíndo exemplares con leucismo e melanismo. No presente están recoñecidas corenta e cinco subespecies, que están divididas en dúas categorías: os meirandes raposos do norte, e os máis cativos, os raposos basais de Asia e o norte de África.
Os raposos adoitan estar xuntos en parellas ou pequenos grupos formados por familias, como dous pais adultos e as súas crías, ou un macho con varias femias con relacións de parentesco. As crías permanecen a carón dos seus pais para axudarlles a coidar novas crías. Aliméntanse principalmente de pequenos roedores, malia que tamén poden cazar coellos, galináceas, réptiles, invertebrados e crías de ungulados. En ocasións tamén comen froitas e vexetais. Malia que o raposo común adoita matar depredadores máis pequenos ca el, como outras especies de raposos, é vulnerable ó ataque de depredadores meirandes, como lobos, coiotes, chacais dourados e félidos de tamaño medio e grande.
A especie ten unha longa historia de asociación cos humanos, sendo cazada extensivamente como unha praga e pola súa pelaxe durante séculos, así como a súa representación no folclore e na mitoloxía de moitas culturas. Por mor da súa ampla distribución e gran poboación, o raposo común é un dos animais máis importantes para a industria da peletaría. Pequeno de máis para supoñer unha ameaza para os humanos, beneficiouse amplamente da presenza de hábitats humanos, e tivo moito éxito na colonización de áreas urbanas e suburbanas. A domesticación do raposo común está en proceso en Rusia, e deu como resultado o raposo doméstico.
Terminoloxía miniatura|230px|Crías de raposo. A palabra "raposo" ou "raposa" provén de rabo. Moitas linguas tamén fan referencia ó rabo para designar á especie, como o hindi pū̃ch, o tocario B päkā, e o lituano uodẽgis. O espeso rabo tamén é a base para o nome en galés, llwynog, literalmente 'mesto', que provén de llwyn 'arbusto', e para o ojibwa waagosh, que provén de waa e que se refire ó movemento de "bote" cara a arriba e cara a abaixo que fai o animal co seu rabo.
O termo científico vulpes é a forma latina para 'raposo'.
Evolución miniatura|Ilustracións comparativas dos cranios de raposo común (esquerda) e raposo de Rüppell (dereita): Nótese a máis desenvolvida área facial do primeiro. O raposo común está considerada a máis especializada forma de Vulpes, por enriba dos raposos afgán, corsac e bengalí en termos de tamaño e adaptación á alimentación carnívora; o cranio amosa moitos menos trazos de neotenia ca outras especies, e a súa área facial está máis desenvolvida. Porén, non está tan adaptado como o Vulpes ferrilata, ou raposo tibetano, cunha dieta puramente carnívora.
Orixe A especie ten orixe eurasiática, e puido ter evolucionado do Vulpes alopecoides ou do V. chikushanensis chinés, ámbalas dúas especies que viviron durante o período Villafranchiense medio. O espécime fósil máis antigo de V. vulpes foi descuberto en Baranya, Hungría e data de hai 3,4 a 1,8 millóns de anos.PaleoDatabase collection No. 35369 , authorizado por Alan Turner, Liverpool John Moores University. Entrada de H. O'Regan, 8 de decembro de 2003 A especie devanceira era máis pequena que a actual, xa que os fósiles de raposos comúns son máis pequenos que as poboacións modernas. Os primeiros restos fósiles das especies modernas remóntanse ó Plistoceno medio en asociación co rexeitamento dos primeiros asentamentos humanos. Isto levou á teoría de que o raposo común foi cazado polos humanos primitivos como fonte de alimentos e peles.
Colonización de América do Norte O raposo común colonizou o continente de América do Norte en dúas ondas: durante ou antes da glaciación de Illinois, e durante a glaciación de Wisconsin. O mapa xenético demostra que os raposos comúns de América do Norte estiveron illados da súa contraparte eurasiática durante 400 000 anos, aumentando así as posibilidades de que se producise especiación, e de que o antigo nome binomial Vulpes fulva fose válido. Na parte máis setentrional, descubríronse fósiles de raposo común en depósitos do período Sangamoniense no distrito de Fairbanks e Medicine Hat. Os fósiles que datan do período da glaciación de Wisconsin están presentes en 25 sitios de Arcansas, California, Colorado, Idaho, Missouri, Novo México, Tennessee, Texas, Virxinia e Wyoming. Aínda que chegaron moi ó sur durante o período de Wisconsin, o inicio das condicións cálidas encolleu o seu alcance cara ó norte e recentemente recuperaron os seus antigos hábitats americanos grazas a cambios ambientais inducidos polo ser humano. Exames xenéticos sinalan que existen dúas poboacións refuxio en América do Norte que puideron terse separado durante o período de Wisconsin. O refuxio do norte (ou boreal) está en Alasca e o oeste do Canadá, e componse das meirandes subespecies V. v. alascensis, V. v. abietorum, V. v. regalis e V. v. rubricosa. O refuxio do sur (ou montañés) está presente nos parques subalpinos e pasteiros alpinos das montañas Rochosas, a cordilleira das Cascadas e Serra Nevada. Comprende as subespecies V. v. macroura, V. v. cascadensis e V. v. necator. Este último clado separouse de tódalas outras poboacións de raposo común dende as últimas glaciacións, e pode posuír adaptacións ecolóxicas e psicolóxicas únicas.
Malia que raposos europeos foron introducidos nalgunhas partes dos Estados Unidos na década de 1900, estudos xenéticos recentes sinalan a ausencia de haplotipos de raposos europeos en tódalas poboacións de América do Norte. Ademais, raposos comúns orientais foron introducidos e colonizaron California, no val de San Joaquin e na área da badía de San Francisco, e semella que puideron terse hibridado coa subespecie V. v. patwin nunha pequena zona do val de Sacramento. Por outra banda, non hai evidencias de cruzamentos entre raposos vermellos orientais coa subespecie raposo de Serra Nevada V. v. necator ou con outras poboacións do oeste (entre as montañas Rochosas polo leste e a cordilleira das Cascadas e Serra Nevada polo oeste).
Subespecies No ano 2005, estaban recoñecidas 45 subespecies. En 2010, outra subespecie diferente foi identificada a través de estudos do haplotipo mitocondrial, V. v. patwin, que habita nos pasteiros do val de Sacramento.
Sábese da mestura xenética entre diferentes subespecies; os raposos británicos cruzáronse con raposos importados de Alemaña, Francia, Bélxica, Sardeña, e posiblemente Siberia e Escandinavia. Porén, os estudos xenéticos suxiren poucas diferenzas xenéticas entre as poboacións de raposos ó longo de Europa. A falta de diversidade xenética é consistente co feito de que os raposos comúns son unha especie bastante viaxeira, podendo percorrer unha distancia de 320 km durante o período dun ano.
miniatura|Cranio de raposo meridional do deserto. As subespecies de raposo común en Eurasia e o norte de África están divididas en dúas categorías: Raposos do norte, que son meirandes e de cores máis intensas. Raposos do deserto do sur, que inclúen as subespecies asiáticas V. v. griffithi, V. v. pusilla e V. v. flavescens. Estes raposos amosan trazos de transición entre os raposos do norte e outras especies máis pequenas de raposo; os seus cranios son máis primitivos, con máis trazos de neotenia cós do norte, e son moito máis pequenos; o tamaño máximo dos raposos do sur é invariablemente menor có tamaño medio dos raposos do norte. As súas extremidades son máis longas, e as súas orellas son maiores.
Os raposos comúns que viven en Oriente Medio amosan características físicas intermedias entre as categorías do norte e do sur. SubespecieAutoridade trinomialDescriciónDistribuciónSinónimosRaposo común escandinavoV. v. vulpes (Subespecie nominal) 150 pxLinnaeus, 1758Unha subespecie grande que mide 70–90 cm de longo e rolda os 5–10 kg de peso, sendo a lonxitude máxima dos cranios dos machos 163,2 mm. A pelaxe é vermella brillante cunha ondulación esbrancuxada e amarela moi desenvolvida na parte inferior do lombo. Escandinavia e os distritos setentrionais e boscosos de Europa, cara ó sur até a estepa forestal e cara ó leste até os Urais, e probablemente Europa central e occidentalalopex (Linnaeus, 1758) communis (Burnett, 1829) lineatus (Billberg, 1827) nigro-argenteus (Nilsson, 1820) nigrocaudatus (Billberg, 1827) septentrionalis (Brass, 1911) variegates (Billberg, 1827) vulgaris (Oken, 1816)Raposo común da Columbia BritánicaV. v. abietorum 150 pxMerriam, 1900Polo xeral semellante a V. v. alascensis, pero cun cranio máis lixeiro, esvelto e longoInterior da Columbia Británica e probablemente o sueste de Alasca, nos Estados Unidossitkaensis (Brass, 1911)Raposo do norte de AlascaV. v. alascensis 150 pxMerriam, 1900Unha variedade grande, de cola longa e orellas pequenas cunha pelaxe dourada ou leonada.Andreafsky Wilderness, Alasca, USARaposo transcaucásico orientalV. v. alpherakyi 150 pxSatunin, 1906Unha subespecie pequena que rolda os 4 kg, cun cranio de 132–39 mm nos machos e 121–26 mm nas femias. A pelaxe é gris enferruxada ou marrón enferruxada, cunha cor máis brillante ó longo da columna vertebral. A pelaxe é curta, grosa e escasa.Geok Tepe, Aralsk, KazakhstánRaposo anatolioV. v. anatolica 150 pxThomas, 1920Izmir, rexión do Exeo, TurquíaRaposo arábigoV. v. arabica 150 pxThomas, 1920Dhofar e as montañas Al Hayar, OmánRaposo do AtlasV. v. atlanticaWagner, 1841Atlas, vilaia de Mila, Alxeriaalgeriensis (Loche, 1858)Raposo de LabradorV. v. bangsi 150 pxMerriam, 1900Semellante a V. v. fulva, pero con orellas máis pequenas e marcas negras menos pronunciadas nas orellas e patas.L'Anse au Loup, estreito de Belle Isle, Labrador, CanadáRaposo de Berbería foxV. v. barbaraShaw, 1800Costa de Berbería, no noroeste de Áfricaacaab (Cabrera, 1916)Raposo de AnadyrV. v. beringianaMiddendorff, 1875Unha subespecie grande, é a que ten a cor máis brillante dos raposos comúns do Vello Mundo. A pelaxe está saturada de cor avermellada brillante e case carece da ondulación brillante ó longo do lombo e dos flancos. A pelaxe é esponxosa e suave.Costa do estreito de Bering, no nordeste de Siberiaanadyrensis (J. A. Allen, 1903) beringensis (Merriam, 1902) kamtschadensis (Brass, 1911) kamtschatica (Dybowski, 1922) schantaricus (Yudin, 1986)Raposo das CascadasV. v. cascadensis 150 pxMerriam, 1900Un raposo de rabo curto e dentes pequenos, de cor amarelada máis ca leonada, é a forma máis común que produce variedades "cruzadas".Cordilleira das Cascadas, Washington, USARaposo norcaucásicoV. v. caucasica 150 pxDinnik, 1914Unha subespecie grande, a súa capa é de cor variable, dende avermellada a vermella agrisada e case gris. A pelaxe é curta e grosa. Esta forma podería ser un híbrido produto de poboacións de V. v. stepensis e V. v. karagan.Preto de Vladikavkaz, Cáucaso, RusiaRaposo común europeoV. v. crucigera