Germinal foi un semanario publicado en Vigo entre 1909 e 1912.
Historia e características Periódico de inspiración anarquista, apareceu o 4 de decembro de 1909.La Correspondencia Gallega, 1-12-1909, p. 3. Dirixido por Manuel Hidalgo, entre os seus colaboradores figuraron Jaime Quintanilla, Arturo Fariña e Ricardo Trillo Couce. Sufriu constantes denuncias da prensa clerical e varios procesos. Cesou a súa publicación en 1912.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1909 en Galicia