Ricardo Trillo Couce, nado en 1871 e finado en Vigo en febreiro de 1947, foi un xornalista galego.

Traxectoria Irmán de Abdón Trillo Couce. Militou no Partido Republicano. Foi presidente da Asociación de dependientes de comercio de Vigo (1903) e tamén da Asociación de Dependientes de Comercio de Galicia (1909). Dirixiu o periódico La Asociación, foi colaborador de Germinal e redactor de La Ráfaga. Foi condenado pola Audiencia de Pontevedra por inxurias ao párroco de San Pedro da Ramallosa en agosto de 1912.La Independencia, 16-4-1913, p. 2. Na República foi presidente da Agrupación Artística de Vigo. Finou en Vigo en febreiro de 1947.El Ideal Gallego, 13-2-1947, p. 2.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1947