miniatura|Edificio onde se localiza a sede do xornal Dagbladet é un xornal de Noruega fundado en 1869 en Oslo que se publica na variedade bokmål do noruegués. O seu editor en xefe é John Arne Markussen. Edítase en formato tabloide desde 1983. Dagbladet é tradicionalmente o terceiro xornal noruegués por circulación tras a edición matutina do Aftenposten e o Verdens Gang, competindo directamente con este último. Foi o primeiro xornal nacional noruegués en establecer unha edición online, dagbladet.no o 8 de marzo de 1995 que en 2012 tiña 771.000 visitas únicas en ordenadores e 237.000 en dispositivos móbiles .

O 20 de xuño de 2013 anunciouse que Aller Media mercara o 100% da propiedade do Dagbladet ao Berner Gruppen.

Historia miniatura|Edición do Dagbladet do 2 de xaneiro de 1905. O xornal fundouno Anthon Bang, con Hagbard Emanuel Berner como o seu primeiro editor en xefe, e o primeiro número saíu o 2 de xaneiro de 1869, de inspiración liberal democrática, foi o órgano do partido Venstre desde 1884, a partir do comezo da década de 1970 vai adquirindo unha meirande independencia do partido ata que en 1977 rompeu o vencello orgánico co partido .

Durante os anos previos á segunda guerra mundial a liña política do xornal fora claramente antinazi pero tras a ocupación do país polos alemáns a súa liña editorial tivo que mudar ao servizo das novas autoridades e como o resto dos medios de comunicación estaban sometidos a vixilancia, censura, directrices e multas e como moitos outros xornais adoptaron a actitude de escribir entre liñas para saltar as prohibicións. O editor en xefe da época, Einar Skavian, intentou resistirse aos mandatos das novas autoridades pero foi arrestado e despois enviado a un campo de concentración, o de GriniGiertsen, Børre R., ed. (1946). Norsk fangeleksikon. Grinifangene. Oslo: Cappelen. p. 91., sorte que tamén correron outros empregados do xornal. A intención de refundir as cabeceiras do Dagbladet, Morgenbladet e Norges Handels og Sjøfartstidende nunha soa suscitou unha forte reacción e finalmente abandonouse o proxecto pero supuxo tamén o peche do xornal en abril de 1943 pero mantivo a planta e equipo de impresión e tras a ocupación puido saír de novo á rúa o 14 de maio de 1945.

O 26 de agosto de 1990 foi o primeiro xornal noruegués en publicar unha edición os domingos

Suplementos

Fredag foi un suplemento que editou entre 1990 e 2012 dedicado á xente nova, entre 15 e 35 anos con reportaxes dedicadas á música, ao cine, á vida nocturna ou ao sexo. En 1999 lanzou os sábados a súa propia revista, o Magasinet, exemplo que copiaron moitos outros xornais do país

Editores John Arne Markussen 3 de novembro 2011 – Lars Helle 14 de maio de 2010–3 de novembro de 2011 Lars Helle (interino) 21 de xaneiro 2010–14 de maio de 2010 Anne Aasheim 14 de agosto de 2006–21 de xaneiro de 2010 Lars Helle (interino) 8 de marzo–14 de agosto de 2006 Thor Gjermund Eriksen 2003–14 de agosto de 2006 John Olav Egeland 2000–2003 Harald Stanghelle 1995–2000 Bjørn Simensen 1990–1995 Jahn Otto Johansen 1977–1984 (con Arve Solstad) Arve Solstad 1973–1990 Roald Storsletten 1959–1980 Helge Seip 1954–1965 Gunnar Larsen 1954–1958 Einar Skavlan 1945–1954 Birger H. Andersen 1940–1943 Einar Skavlan 1930–1940 Olav Røgeberg 1928–1929 Bernt A. Nissen 1928–1930 Einar Skavlan 1915–1928 Hans C. Volckmar 1907–1915 Olaf Thommesen 1902–1907 Anton Th. Omholt 1899–1902 Harald Kristoffersen 1898–1899 Lars Holst 1883–1898 Frederik Bætzmann 1883 Nicolai A. Grevstad 1880–1883 Hagbard E. Berner 1869–1879 Anthon Bang 1869 Hagbard Emanuel Berner 1869

Circulación Circulación segundo o Mediebedriftenes Landsforening: 1980: 132 295 1981: 140 429 1982: 138 674 1983: 155 337 1984: 169 317 1985: 175 685 1986: 187 942 1987: 198 937 1988: 206 092 1989: 214 637 1990: 219 757 1991: 214 925 1992: 224 490 1993: 227 796 1994: 228 834 1995: 209 421 1996: 205 740 1997: 204 850 1998: 206 357 1999: 206 969 2000: 192 555 2001: 193 637 2002: 191 164 2003: 186 136 2004: 183 092 2005: 162 069 2006: 146 512 2007: 135 611 2008: 123 383 2009: 105 255 2010: 98 130 2011: 98 989 2012: 88 539«Kraftig fall for løssalgsavisene», Aftenposten 19 de febreiro de 2013 2013: 80 028«Papiravisene fortsetter nedgangen», nrk.no, 25 de febreiro de 2014 Gráfica da circulación do Dagbladet

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Categoría:Xornais de Noruega