San Román de Cabovilaño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Laracha na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1.135 habitantes (563 homes e 572 mulleres) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 1999 cando tiña 1.035 habitantes. En 2004 tiña 1.035 habitantes (521 homes e 514 mulleres).

Xeografía Está bañada polo Rego de Quenxe, tamén coñecido por Río Vilán.

A estrada comarcal AC-552 percorre a parroquia desde o principio (A Telleira) ao fin (A Braña Grande). A autoestrada AG-55 ten un acceso no lugar do Cancelo.

A proximidade á capital municipal favorece o nivel de servizos e instalacións que dispón: abastecemento de auga e saneamento, pista polideportiva, local social.

Patrimonio No lugar do Castro (A Lagarteira) está o castro de San Román. Tamén estaba na parroquia o castro de Riotorto, destruído pola construción da AG-55.

Lugares e parroquias Lugares de Cabovilaño

Parroquias da Laracha

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Laracha

Categoría:Parroquias da Laracha Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Román