José Alonso Gantes, nado na Coruña o 30 de marzo de 1931 e finado na mesma cidade o 21 de febreiro de 2014, foi futbolista galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria Na tempada 1955–56 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando dous partidos na máxima categoría. Terceiro porteiro do cadro branquiazul esa campaña (logo de Juan Otero, Lestón e Miguel Leal) debutou o 15 de febreiro de 1956 nunha derrota fronte ao Barcelona a domicilio (7–0). No partido da seguinte xornada repetiu titularidade, nunha nova derrota fronte ao Alavés en Riazor (4–2).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol