San Martiño de Fruíme é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 345 habitantes (174 homes e 171 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.

Xeografía Está no suroeste do concello. Limita ao norte con Vilacova, ao sur con Boiro, ao sueste con Rianxo, e con Lousame ao oeste. Está atravesada polo río Beluso ou da Escabia, único do concello que desauga na ría de Arousa. Nesta parroquia está o monte da Muralla, cunha serie de picos de entre 500 e 600 metros, que acolle o parque eólico de Monte Treito.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Fruíme

Parroquias de Lousame

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Lousame

Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño