Arroz pódese referir aos artigos a seguir: Arroz, planta da familia das gramíneas (Oryza sativa) que se dá en terreos moi húmidos, que ten como froito un gran comestible moi rico en amidón. Arroz, gran desta planta, alimento básico en moitas culturas culinarias. Arroz branco, xeito de presentación dos grans de arroz aos que se lles tirou tanto a casca coma o pericarpo. Arroz moreno, arroz que conserva o xerme íntegro co farelo, ao que só se lle tirou a casca exterior ou gluma, arroz integral. Arroz inflado, un tipo de gran inchado elaborado a partir de arroz, normalmente quecendo os centros dos grans de arroz. Arroz con leite, unha sobremesa, papas de arroz, arroz doce típico de Galicia e outros territorios. Arroz con chícharos, prato típico de Galicia. Arroz fritido, un compoñente moi popular da cociña chinesa. Arroz glutinoso (Oryza sativa var. glutinosa), un tipo de arroz de gran curto que se torna pegañento trala cocedura, típico dos pratos chineses. Arroz salvaxe, nome común dado ás especies de cereais do xénero Zizania. Arroz, California, unha vila no condado de Yolo, en California (Estados Unidos).
Véxase tamén Outros artigos Arroz con chícharos, programa de cociña da Televisión de Galicia (1990-1991). Arroceira, terreo onde se cultiva arroz, arrozal. Rissotto, unha comida tradicional italiana realizada a base de arroz. Vinagre de arroz, un vinagre suave elaborado a partir do produto da fermentación do arroz. Viño de arroz, unha bebida alcólica elaborada con arroz.