miniatura|Gonzalo Suárez (2011). Gonzalo Suárez Morilla, nado en Oviedo o 30 de xullo de 1934 e finado en Madrid o 28 de setembro de 2026, foi un escritor e director de cine asturiano.

Traxectoria Gonzalo Suárez naceu en Oviedo pouco antes da revolución de Asturias. O alzamento nacional que deu pé á guerra civil española colleuno en Madrid, onde o seu pai, o catedrático de francés Gonzalo Suárez Gómez, fora a presidir uns exames. Comezou a ir á escola aos dez anos, sendo instruído até entón polo seu pai. En 1951 comezou os estudos de Filosofía e Letras, ao tempo que escribía pezas de teatro e actuaba en obras de Saroyan, Eurípides ou Shakespeare. Influenciado polos impresionistas iniciouse no mundo da pintura, e logo de abandonar os estudos marchou a París, onde fixo traballos eventuais.

En 1958 marchou a Barcelona coa súa muller, e traballou de xornalista co pseudónimo de Martin Girard. Pouco despois instalouse en Italia, onde traballou no Inter de Milán como asesor do adestrador de fútbol Helenio Herrera, parella de súa nai dende había anos. Era o encargado de asistir aos partidos dos rivais do Inter e realizar informes tácticos e técnicos para Herrera.

Deixou o xornalismo e publicou relatos de ficción, algúns dos cales foron adaptados ao cinema. En 1966 comezou a facer el tamén cine, sendo financiadas as súas primeiras películas por Angelo Moratti, presidente do Inter de Milán, por medio de Helenio Herrera, que se fixo coprodutor xunto con el.

Obra Filmografíahttp://www.gonzalo-suarez.com e IMDb (29 de novembro de 2009). El horrible ser nunca visto (1966) Ditirambo vela por nosotros (1969) Ditirambo (1969) El extraño caso del doctor Fausto (1969) Aoom (1970) Morbo (1971) Al diablo con amor (1972) La loba y la paloma (1973) La Regenta (1974) Beatriz (1976) Parranda (1977) Reina Zanahoria (1977) Cuentos para una escapada: episodio "Miniman y Superlobo" (1979) Una leyenda asturiana (1980, curtametraxe) La mujer fría (1982) Epílogo (1984; Prix de La Jeunesse no Festival de Cannes) Los pazos de Ulloa (1985, serie de televisión) Remando ao vento (1988; Concha de prata ao mellor director no Festival Internacional de Cine de Donostia; Premio Goya ó mellor director nos Premios Goya 1989) El lado oscuro (1990) Don Juan en los infiernos (1991) La reina anónima (1992) El detective y la muerte (1994) Mi nombre es sombra (1995) Tindaya - Chillida: un proceso de creación (1997) El portero (2000) El genio tranquilo (2005) Oviedo Express (2007) El sueño de Malinche (2019) Alas de tiniebla (2021)

Narrativa De cuerpo presente (1963) Los once y uno (1964) Trece veces trece (1964) El roedor de Fortimbrás (1965) Rocabruno bate a Ditirambo (1966) La zancada del cangrejo (1969) Operación Doble Dos (1974) Gorila en Hollywood (1980) La reina roja (1981) El asesino triste (1994) La literatura (1997) Ciudadano Sade (1999) Yo, ellas y el otro (2000) El cine: de las cavernas a la pantalla (2001) El hombre que soñaba demasiado (2005) La suela de mis zapatos (2006) Dos pasos en el tiempo. De Aoom a El Genio tranquilo. Asturias 1969-2006 (2006) El secreto del cristal. Aforismos y desafueros de Gonzalo Suárez (2008) Las fuentes del Nilo (2011) El síndrome de Albatros (2011)

Guións Fata Morgana (1965; canda a Vicente Aranda) Operación Doble Dos (1975; canda a Sam Peckinpah; publicado en Viridiana núm. 12). La colmena (1980)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alonso, A. (ed., 2004): Gonzalo Suárez: entre la literatura y el cine. Universidad de Oviedo - Kassel - Edition Reichenberger. Becerra, C. (ed.; 2004): El cine de Gonzalo Suárez. Mirabel editora. Cercas, J. (1993): La obra literaria de Gonzalo Suárez. Quaderns Crema. Cercas, J. (1994): La trayectoria artística de Gonzalo Suárez. Instituto Grande Covián. Cherta, R. e Garrido, T. (2007): Guía para ver y analizar Remando al viento. Nau Llibres. Cortázar, J. (1978): "Juegos secretos de Gonzalo Suárez". Les Nouvelles Literaires nº 2644. Cruz, J. e outros (2008): Gonzalo Suárez, 40 años de cine y literatura. Semana Internacional de Cine de Valladolid. Hernández Ruiz, J. (1991): Gonzalo Suárez: un combate ganado con la ficción. Universidad de Alcalá de Henares. Martínez Delgado, A. B. (2000): A Esmorga de Blanco Amor e Parranda de Gonzalo Suárez. Ediciós do Castro. Mena, J. (1992): Aspectos fantásticos en la narrativa de Gonzalo Suárez: La resurrección. Universidad de Barcelona.

Ligazóns externas Biografía en Vidas de cine .

Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1934 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Directores de cinema de España Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua castelá