San Pedro de Tállara é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Lousame, na comarca de Noia. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 917 habitantes (449 homes e 468 mulleres).

Xeografía Está situada no suroeste do concello. Limita ao norte con Camboño e Noia, ao sur con Boiro, ao oeste co Porto do Son e ao leste con Lousame, situándose neste límite o monte Iroite (685 m) e o afloramento granítico do Confurco. A zona está vertebrada polo val do río Lobo, que desemboca en Noia.

É a segunda parroquia máis poboada de Lousame. Entre o seu patrimonio destaca a igrexa parroquial e as capelas de san Lourenzo e san Roquiño.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Tállara

Parroquias de Lousame

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lousame

Categoría:Parroquias de Lousame Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro