Santa María de Mogor é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Mañón. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 774 habitantes (400 mulleres e 374 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 856 habitantes.
Historia É mencionada como Ecclesiam Mariae de Monachorum nun documento do ano 916, onde o rei Ordoño II a doa, xuntamente coa Vila de Bares, ao bispo da diocese de Mondoñedo Sabarico II...Statuimus dare tibi episcopo Sabarico supradictam Ecclesiam Mariae de Monachorum. Citado en Flórez, E. et al (1764): España Sagrada: Theatro geographico-historico de la Iglesia de España, tomo XVIII páx. 71..
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Mogor
Parroquias de Mañón
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mañón
Categoría:Parroquias de Mañón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María