Jorge Roberto Larraz Camardelli, nado en Buenos Aires o 12 de abril de 1937 e finado nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016, foi un futbolista arxentino nacionalizado ecuatoriano. Xogaba como dianteiro e o seu primeiro club foi o Deportivo Armenio.

Traxectoria Comezou a súa carreira en 1951 xogando para o Deportivo Armenio ata 1953. En 1954 trasladouse ao Gimnasia y Tiro de Salta, onde estivo ata 1956. Nese mesmo ano marchou a Ecuador para xogar no Emelec, club no que vestiu a camisola ata 1957, cando marchou para España, onde defendeu a elástica da UD Las Palmas. Máis adiante en 1960 incorporouse ao Granada CF, pero só ata 1961, momento no que volveu ás Illas Canarias, esta vez para xogar no CD Tenerife.

En novembro de 1962 fichou polo Deportivo da Coruña, que ocupaba a penúltima posición da Primeira División. Debutou na xornada 9 contra o Osasuna, e anotoulle a Betancort o terceiro dos goles branquiazuis. Marcou dous goles máis, insuficientes para salvar o equipo do descenso a Segunda.

Comezou a tempada 1963/64 sen minutos no equipo adestrado por Roque Olsen, e en xaneiro ofreceuse ao Fabril, que mlitaba en Terceira. Disputou varias xornadas co equipo fabrilista con actuacións destacadas, ata que foi recuperado por Olsen para o primeiro equipo, co que acabou por lograr o ascenso a Primeira.

Ao ano seguinte fichou polo Racing de Ferrol co que rematou a súa carreira en 1965.

Faleceu nas Palmas de Gran Canaria o 9 de agosto de 2016."Fallece Jorge Larraz, el pibe que vino a la UD en los años 50"

Selección nacional Foi internacional coa selección de Ecuador e participou na Copa América de 1957.Southamerican Championship 1957

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en BDFútbol Entrevista en Tinta Amarilla.es

Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Futbolistas da Arxentina Categoría:Futbolistas de Ecuador Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Club Deportivo Armenio Categoría:Xogadores do Club de Gimnasia y Tiro de Salta Categoría:Xogadores do Club Sport Emelec Categoría:Xogadores do Club Deportivo Universidad Católica (Ecuador) Categoría:Xogadores da UD Las Palmas Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Ecuador