miniatura|300px|O Mosteiro Tashilhunpo, residencia tradicional do Panchen Lama. O Panchen Lama (, chinés simplificado: 班禪喇嘛 chinés tradicional: 班禅喇嘛), ou Panchen Erdeni (; chinés simplificado: 班禪額爾德尼; chinés tradicional: 班禅额尔德尼), é o maior título Lama por detrás do Dalai Lama na liñaxe Gelugpa (Dge-lugs-pa) do budismo tibetano (esta liñaxe controlou o oeste do Tíbet dende o século XVI ata a Rebelión Tibetana de 1959). A presente encarnación do Panchen Lama (o 11º) é motivo de controversia: a República Popular da China afirma que é Gyancain Norbu, mentres que o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, afirmou o 14 de maio de 1995 que o auténtico 11º Panchen Lama era Gedhun Choekyi Nyima. Este último está permanece desaparecido dende pouco despois do seu nomeamento aos seis anos de idade. As autoridades chinesas declararon que Gendhun fora posto baixo custodia daqueles que o querían levar ao exilio, e actualmente se atopa en cauteverio en contra dos desexos do tibetano. Os tibetanos e grupos a favor dos dereitos humanos continúan a facer campaña pola súa liberación.
Historia Os sucesivos Panchen Lama forman parte dunha liñaxe de reencarnacións tulku que se di que son encarnacións do Buda Amitabha. O título, que significa Gran Erudito, é unha contración tibetana do sánscrito paṇḍita (erudito) e do tibetano chenpo (gran). O Panchen Lama vive tradicionalmente no Mosteiro Tashilhunpo (Teshu-lumbo) en Shigatse. Polo nome deste mosteiro, os europeos referíronse ao Pancen Lama como o Tashi-Lama (ou escrito Tesho-Lama ou Teshu-Lama).Fort William-India House correspondence: In the index, “Tashi Lama. See Teshu Lama”. and “Teshu Lama (Teshi Lama, Tesho Lama)”.
O recoñecemento do Panchen Lama sempre foi un asunto relacionado co Dalai Lama.:et :Ya Hanzhang, Biographies of the Tibetan Spiritual Leaders Panchen Erdenis. Beijing: Foreign Language Press, 1987. pg 350. O mesmo 10º Panchen Lama declarou, como se cita nunha conté oficial chinesa que "de acordo coa tradición tibetana, a confirmación tanto do Dalai como do Panchen debe ser recoñecida mutuamente".Panchen-lama. 1988. "On Tibetan Independence." China Reconstructs (now named China Today) (January): Vol. 37, No. 1. pp 8–15. A participación da China neste asunto é vista por algúns como unha manobra política para tentar coller o control sobre o recoñecemento do seguinte Dalai Lama, e reforzar o seu control sobre o futuro do Tíbet e o seu goberno. China asegura con todo que a súa participación non rompe coa tradición na que a decisión final sobre o recoñecemento tanto do Dalai Lama como do Panchen Lama estaba nas mans do emperador da China. Por exemplo, despois de 1792, pensouse que a furna dousada fora empregada para a selección do 10º, 11º e 12º Dalai Lama;Goldstein 1989 mais o 14º Dalai Lama, Tenzin Gyatso, declarou máis Recentemente que só foi empregada na selección do 11º. Houbo controversia entre o goberno do Tíbet e os seguidores de Chökyi Gyaltsen durante a elección do 10º Panchen Lama.
Ma Bufang favoreceu ao 10º Panchen Lama, e á Seita Lamaísta Vermella fronte ao Dalai Lama. Qinghai serviu como "santuario" para os membros da Seita Vermella, e Ma Bufang permitiulle ao Mosteiro Kumbum ser totalmente autogobernado polo Panchen Lama. O 10º Panchen Lama, que foi exiliado do Tíbet polo goberno do Dalai Lama, quería vingarse levando un exército contra o Tíbet en setembro de 1949, para o que pediu axuda a Ma Bufang. Ma cooperou co Panchen Lama en contra do réxime do Dalai Lama no Tíbet. O Panchen Lama ficou en Qinghai. Ma tentou persuadir ao Panchen Lama para ir co goberno de Kuomintang a Taiwán cando a vitoria comunista se acercou, mais o Panchen Lama decidiu desertar aos comunistas no seu lugar. O Panchen Lama, ao contrario do Dalai Lama, tratou de exercer control na toma de decisións.
Liñaxe Na liñaxe dos Panchen Lama tibetanos non se consideran catro reencarnacións indias e tres tibetanas do Buda Amitabha anteriores a Khedrup Gelek Pelzang, que é recoñecido como o primeiro Panchen Lama. A liñaxe comezou con Subhuti, un dos discípulos orixinais de Siddhartha Gautama. Gö Lotsawa é considerado primeira encarnación tibetana do Buda Amitabha nesta liña.Stein 1972, p. 84Das, Sarat Chandra. Contributions on the Religion and History of Tibet (1970), p. 82. Manjushri Publishing House, New Delhi. First published in the Journal of the Asiatic Society of Bengal, Vol. LI (1882).
Importancia política As figuras monásticas teñen mantido historicamente papeis importantes na composición social e política do Tíbet, e aínda que eses papeis teñen diminuído dende 1959, moitos tibetanos continúan a ver ao Panchen Lama como unha figura política significativa, así como espiritual debido ao papel que xoga tradicionalmente na selección do seguinte Dalai Lama. A importancia política do papel é tamén empregada polo Estado chinés. Algúns grupos de apoio tibetano teñen argumentado que o goberno chinés pretende instalar a súa propia elección do Dalai Lama cando Tenzin Gyatso, o actual Dalai Lama, morra e que por esta razón o elixido do Dalai Lama, Gedhun Choekyi Nyima, desapareceu aos seis anos de idade, sendo substituído polo elixido do Estado chinés, Gyancain Norbu. Se esta táctica é correcta, o anuncio feito polo Dalai Lama o 10 de marzo de 2011 de que deixará o seu papel político podería dar lugar a un cambio na política con respecto aos dous candidatos en disputa.
Lista de Panchen Lama Nome Imaxe Vida Tibetano/Wylie Transcrición PRC Outras transliteracións 1 Khedrup Je 60px 1385–1438O título de Panchen Lama foi concedido postumamente aos dous primeiros Panchen Lamas. Mkhas-grub Rje,་Mkhas-grub Dge-legs Dpal-bzang-po Kaichub Gêlêg Baisangbo Khädrup Je, Khedrup Gelek Pelsang, Kedrup Geleg Pelzang, Khedup Gelek Palsang, Khedrup Gelek Pal Sangpo 2 Sönam Choklang 60px 1438–1505 Bsod-nams Phyogs-glang,་Bsod-nams Phyogs-kyi Glang-po Soinam Qoilang, Soinam Qoigyi Langbo Sonam Choglang, Soenam Choklang 3 Ensapa Lobsang Döndrup 60px 1505–1568 Dben-sa-pa Blo-bzang Don-grub Wênsaba Lobsang Toinchub Gyalwa Ensapa, Ensapa Lozang Döndrup, Ensapa Losang Dhodrub 4 Lobsang Chökyi Gyalsten 60px 1570–1662 Blo-bzang Chos-kyi Rgyal-mtshan Lobsang Qoigyi Gyaicain Losang Chökyi Gyältsän, Lozang Chökyi Gyeltsen, Lobsang Chökyi Gyaltsen, Lobsang Choekyi Gyaltsen, Lobsang Choegyal, Losang Chögyan 5 Lobsang Yeshe 60px 1663–1737 Blo-bzang Ye-shes Lobsang Yêxê Lobsang Yeshi, Losang Yeshe 6 Lobsang Palden Yeshe 60px 1738–1780 Blo-bzang Dpal-ldan Ye-shes Lobsang Baidain Yêxê Palden Yeshe, Palden Yeshi 7 Palden Tenpai Nyima 1782–1853 Dpal-ldan Bstan-pa'i Nyi-ma Dainbai Nyima Tänpä Nyima, Tenpé Nyima, Tempai Nyima, Tenpey Nyima 8 Tenpai Wangchuk 1855?–1882 Bstan-pa'i Dbang-phyug Dainbai Wangqug Tänpä Wangchug, Tenpé Wangchuk, Tempai Wangchuk, Tenpey Wangchuk 9 Thubten Chökyi Nyima 60px 1883–1937 Thub-bstan Chos-kyi Nyi-ma Tubdain Qoigyi Nyima Choekyi Nyima, Thubtän Chökyi Nyima 10 Lobsang Trinley Lhündrub Chökyi Gyaltsen 60px 1938–1989 Blo-bzang Phrin-las Lhun-grub Chos-kyi Rgyal-mtshan Lobsang Chinlai Lhünchub Qoigyi Gyaicain Choekyi Gyaltsen, Chökyi Gyeltsen, Choekyi Gyaltse, Trinley Choekyi Gyaltsen, Lozang Trinlä Lhündrup Chökyi Gyältsän 11 Gedhun Choekyi NyimaO goberno tibetano no exilio co 14º Dalai Lama recoñece a Gedhun Choekyi Nyima como o 11º Panchen Lama; o goberno da República Popular da China recoñece a Gyaincain Norbu como o 11º Panchen Lama. 1989– Dge-'dun Chos-kyi Nyi-ma Gêdün Qoigyi Nyima Gendün Chökyi Nyima, Gendhun Choekyi Nyima Gyancain Norbu 1990– Chos-kyi Rgyal-po Gyaincain Norbu Choekyi Gyalpo, Chökyi Gyälbo, Gyaincain Norbu, Gyaltsen Norbu, Qoigyijabu
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia do Tíbet Sakya Pandita Free Tibet
Bibliografía Goldstein, Melvyn C. A History of Modern Tibet, 1913-1951: The Demise of the Lamaist State (1989) University of California Press. ISBN 978-0-520-06140-8 Goldstein, Melvyn C. The Snow Lion and the Dragon: China, Tibet, and the Dalai Lama (1997) University of California Press. ISBN 0-520-21951-1 Kapstein, Matthew T. (2006). The Tibetans. Blackwell Publishing. Oxford, U.K. ISBN 978-0-631-22574-4. Stein, Rolf Alfred. Tibetan Civilization (1972) Stanford University Press. ISBN 0-8047-0901-7
Ligazóns externas Free the Panchen Lama, un sitio web que fai campaña para a liberación do Panchen Lama China Tibetology No. 03, unha serie de artigos en tibet.cn que explican a postura do goberno chinés na busca das reencarnacións do Panchen Lama Tibet's missing spiritual guide, artigo de maio de 2005 de BBC News
Categoría:Títulos do budismo tibetano