miniatura|O deus Apolo. miniatura|dereita|Virxe e Xesús cun halo. Unha auréola ou halo é un círculo que aparece nas representacións artísticas de personaxes significativos coa finalidade de exaltar a súa figura.

Simbolismo Malia que na actualidade é asociado cos santos cristiáns, é un símbolo moito máis antigo. Aparece presente nalguhas representacións iconográficas do hinduísmo,Eckard Schleberger, Die Indische Götterwelt.'' Eugen Diederich Verlag. 1997 e tamén na arte exipcia como unha transposición do sol, igual que a coroa.

Os faraóns e deuses portaban o sol na testa, símbolo da divindade Ra. Posteriormente Apolo, como deus do sol, foi representado cun halo, e Xesucristo, o novo rei-deus, debía portar un signo de graza divina. Esta asociación sol-deus, que aparece nos escritos de Platón e nos himnos homéricos, derivou na literatura en descricións de heroes que semellaban ter unha refulxencia sobrenatural, o cal era un sinal de "iluminación" por parte dos deuses. Esta marca pode adoptar a forma dun círculo de chamas na arte relixiosa tántrica, ou ben na cabeza ou arredor do corpo da figura.

O halo é un elemento moi importante da iconografía cristiá, mais tamén o é no budismo, sobre todo no Mahayana e no budismo tibetano. Adoita estar presente nas representacións de Buda e das divindades asociadas coa relixión.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Santo

Categoría:Símbolos Categoría:Relixión