AmarantoNome vulgar en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 (do grego ἀμάραντος, que non murcha; lat. Amarantus) é o nome común das especies do xénero Amaranthus, da familia das amarantáceas, a maioría delas plantas ruderais ou arvenses de flores verdosas, aínda que algunhas as teñen de cores variadas que lles dan unha certa vistosidade, polo que se cultivan nos xardíns. Reciben tamén os nomes galegos de beldro, herba pulgueira (non confundir coa especie Polygonum persicaria, chamada normalmente crista ou herba do galo) e herba pexegueiraNomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009.
Existe algo de confusión sobre a súa exacta taxonomía, comprende 386 especies descritas e destas, só 103 son aceptadas.Amaranthus en PlantList
Os membros deste xénero comparten moitas características e usos cos membros do xénero Celosia, estreitamente emparentado.
O amaranto é moi resistente aos climas fríos e secos, incluso medra en solos pobres e húmidos en zonas moi tropicais e con choivas moi frecuentes (aprox. 980 mm). Ademais ten un alto nivel alimenticio, o que o fai unha excelente alternativa para rexións con dificultades para a sementeira doutro tipo de cereais.
China é un dos maiores produtores de amaranto. As follas desta planta son moi semellantes ás das espinacas. É tradicional o seu uso en receitas culinarias de Asia, América e África.
A especie Amaranthus retroflexus considérase especie invasora en Galiza.Flora: Especies invasoras (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) [consultada o 28.07.2023]
Historia Usábana xa os Incas e culturas anteriores. Na zona andina, a kiwicha ou Amaranthus caudatus aparece en tumbas de máis de catro mil anos de antigüidade, demostrándose a súa domesticación hai milenios.http://www.slideshare.net/ravsirius/cereales-andinoshttp://www.kokopelli-seed-foundation.com/actu/new_news.cgi?id_news=193 .
Outros usos miniatura|Calacas de amaranto e mel para o Día dos mortos en México. Unha teoría bastante popular afirma que a orixe da palabra Caracas provén do nome desta planta, o amaranto, tal cal o pronunciaban desde épocas prehispánicas os habitantes da zona coñecida polo mesmo nome: o val de Caracas. Eles chamaban a esta planta "caraca".
Unha especie da familia do amaranto é o huauzontle, de grande importancia no México prehispánico, e que sobrevive agora nun prato tradicional igualmente chamado huauzontles.
En México úsase o amaranto para fabricar atole e alegrías, que son sementes de amaranto rebentadas mesturadas con mel ou piloncillo (panela) para formar unha barra.
Igualmente, a variedade kiwicha é moi usada en países andinos (Perú, Bolivia etc) como un alimento básico, xunto a outros cereais da mesma familia tales como a quinoa e a kañiwa (ou cañihua: Chenopodium pallidicaule), altamente alimenticios.
Controversia Actualmente o amaranto inca ou kiwicha (Amaranthus caudatus) estase a converter nun problema para cultivos como a soia, por mor a que esta especie de amaranto é altamente resistente a herbicidas coma o glifosato; porén, o amaranto ten máis proteínas e vitaminas ca a soia.
Taxonomía O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 989–991 en 1753. A especie tipo é: Amaranthus caudatus L. Etimoloxía amaranthus: nome xenérico que procede do grego amaranthos, que significa "flor que non murcha".
Especies a salientar miniatura|(Amaranthus caudatus) Kiwicha. Amaranthus acanthochiton Amaranthus acutilobius Amaranthus albus Amaranthus arenicola Amaranthus australis Amaranthus bigelovii Amaranthus blitoides Amaranthus blitum Amaranthus brownii Amaranthus californicus Amaranthus cannabinus Amaranthus caudatus (kiwicha) Amaranthus chihuahuensis Amaranthus chlorostachys Amaranthus crassipes Amaranthus crispus Amaranthus cruentus Amaranthus deflexus Amaranthus dubius Amaranthus fimbriatus Amaranthus floridanus (amaranto da Florida) Amaranthus greggii Amaranthus hybridus Amaranthus hypochondriacus Amaranthus leucocarpus Amaranthus lineatus (Amaranto australiano) Amaranthus lividus Amaranthus mantegazzianus (Quinoa de Castela) Amaranthus minimus Amaranthus muricatus (Amaranto africano) Amaranthus obcordatus Amaranthus palmeri Amaranthus paniculus Amaranthus polygonoides (Amaranto tropical) Amaranthus powelii Amaranthus pringlei Amaranthus pumilus Amaranthus quitensis Amaranthus retroflexus Amaranthus rudis Amaranthus scleropoides Amaranthus spinosus Amaranthus standleyanus Amaranthus thunbergii Amaranthus torreyi Amaranthus tricolor Amaranthus tuberculatus Amaranthus viridis Amaranthus watsonii Amaranthus wrightii
Listaxe completa de todos os táxones de Amaranthus, cos aceptados, os sinónimos e os non resoltos, en The Plant List .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Flora invasora de Galicia Cereal Quinoa
Bibliografía Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Flora of North America Editorial Committee, e. 2003. Magnoliophyta: Caryophyllidae, part 1. 4: i–xxiv, 1–559. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado das Plantas Vasculares do Departamento de Antioquía. pp. 1–939. Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi. Standley, P. C. & J. A. Steyermark. 1946. Amaranthaceae. In Standley, P.C. & Steyermark, J.A. (Eds), Flora of Guatemala - Part IV. Fieldiana, Bot. 24(4): 143–174. Stevens, W. D., C. Ulloa Ulloa, A. Pool & O. M. Montiel. 2001. Flora de Nicaragua. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 85: i–xlii. Ligazóns externas Amaranto México Tulyehualco
Amaranto vs Monsanto Información sobre o amaranto (en castelán)
Categoría:Cultivos Categoría:Cereais