William Claude Rains, nado en Londres o 10 de novembro de 1889 e finado en Laconia (Nova Hampshire) o 30 de maio de 1967 foi un actor inglés nacionalizado estadounidense en 1939.
Traxectoria Naceu en Londres, fillo do actor Frederick William Rains, debutando no teatro aos once anos, na obra Nell of Old Drury. Participou na primeira guerra mundial, onde se viu envolto nun ataque de gas, que o deixou case cego dun ollo para o resto da súa vida.
Logo de triunfar en Londres marchou a Broadway a finais da década de 1920. Chegou ao cinema relativamente tarde, conseguindo o seu primeiro éxito co protagonista de O home invisible, de James Whale. En 1945 converteuse no primeiro actor en recibir un salario dun millón de dólares polo seu papel de Xulio César no filme británico Caesar and Cleopatra, baseado nunha obra de George Bernard Shaw e que finalmente foi un fracaso.
Seguiu sendo un actor popular polos seus papeis secundarios nas décadas de 1950 e 1960. Os seus últimos anos pasounos en Nova Hampshire, onde finou en 1967.
Filmografía Ano Filme 1920 Build Thy House 1933 O home invisible 1934 The Clairvoyant 1934 Crime Without Passion 1934 The Man Who Reclaimed His Head 1935 The Last Outpost 1935 The Mystery of Edwin Drood 1936 Hearts Divided 1936 Anthony Adverse 1937 Stolen Holiday 1937 The Prince and the Pauper 1937 They Won't Forget 1938 White Banners 1938 Gold is Where You Find It 1938 As aventuras de Robin Hood 1938 Four Daughters 1939 Fixéronme un criminal 1939 Juarez 1939 Sons of Liberty 1939 Daughters Courageous 1939 Mr. Smith Goes to Washington 1939 Four Wives 1940 Saturday's Children 1940 The Sea Hawk 1940 Lady with Red Hair 1941 Four Mothers 1941 Here Comes Mr. Jordan 1941 The Wolf Man 1942 Kings Row 1942 Moontide 1942 Now, Voyager 1942 Casablanca 1943 Forever and a Day 1943 Phantom of the Opera 1944 Passage to Marseille 1944 Mr. Skeffington 1945 Strange Holiday 1945 This Love of Ours 1945 Caesar and Cleopatra 1946 Notorious 1946 Angel on My Shoulder 1946 Deception 1947 The Unsuspected 1949 The Passionate Friends 1949 Rope of Sand 1949 Song of Surrender 1950 The White Tower 1950 Where Danger Lives 1951 Sealed Cargo 1953 The Man Who Watched the Trains Go By 1956 Lisbon 1957 The Pied Piper of Hamelin 1959 This Earth Is Mine 1960 The Lost World 1961 Battle of the Worlds 1962 Lawrence de Arabia 1963 Twilight of Honor 1965 The Greatest Story Ever Told
Véxase tamén
Bibliografía .
Ligazóns externas
Lista de actuacións
Categoría:Actores de Inglaterra Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1967