Blanca Portillo Martínez de Velasco, nada en Madrid o 15 de xuño de 1963, é unha actriz, produtora e directora española.
Traxectoria Naceu en Madrid, cidade na que empezou a apuntarse a pequenas producións de teatro afeccionado. Para realizar o seu desexo de converterse en actriz, matriculouse na RESAD, onde se graduou en Arte Dramática. Co título na man consegue papeis en funcións como Bodas de sangre (1984), El mal de la juventud (1985), Lope de Aguirre, traidor (1988), Marat-Sade (1992) ou Las troyanas (1993). Destacou o seu dobre papel de Cuento de invierno (1992), na que encarnou unha raíña que morría de pena tras verse acusada inxustamente de adulterio e a filla desta, que vivira durante anos créndose unha campesiña e que lograba restablecer a harmonía na terra.
En 1994 protagonizou con Joaquín Kremel a obra de David Mamet, Oleanna, na que interpretaba unha estudante que reclamaba unha maior nota ao seu profesor. Debutou no cinema en Entre rojas, ao que se sumou El color de las nubes, no que encarnou unha nai divorciada que desatendía o seu fillo e que lle valeu a candidatura ao Goya á mellor actriz revelación.
En 1997 iniciou a súa carreira como directora teatral Hay amores que hablan. Pouco despois foi fichada para a serie de televisión 7 vidas, onde interpretou a Carlota. En 2004 decidiu abandonar a serie para emprender un proxecto teatral na Arxentina titulado La hija del aire, baseada nun texto de Calderón de la Barca. Ao regresar a España levou a escena a obra en Madrid e pouco despois interpretou un home no filme Alatriste, baseada na novela de Arturo Pérez-Reverte.
A finais de 2010 asumiu o cargo de directora do Festival de Mérida.
En 2012 rodou entre Galicia e Cataluña Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, dirixida por Laura Mañá, na que interpretou a protagonista, pola que foi candidata ao premio Mestre Mateo.
Filmografía Ano Filme Director 2011 La chispa de la vida Álex de la Iglesia 2009 Los abrazos rotos Pedro Almodóvar 2007 Siete mesas de billar francés Gracia Querejeta 2006 Alatriste Agustín Díaz Yanes2006 Volver Pedro Almodóvar 2006 Goya's Ghosts Miloš Forman 2005 Elsa y Fred Marcos Carnevale 2001 Sólo mía Javier Balaguer 1997 El color de las nubes Mario Camus 1996 El perro del hortelano Pilar Miró
Televisión Sé quién eres (dende 2017), como Alicia Castro. Web Therapy (España) (2016), como Patricia Navas (episódico). El chiringuito de Pepe (2014-2016), como Mariana Masianet Alonso. Cuéntame un cuento (2014), como Sara Morgade. Niños robados (2013), como Sor Eulalia. Concepción Arenal, la visitadora de cárceles (2012), como Concepción Arenal. Hospital Central (2012), como Alba (episódico). Frágiles (2012), como Mónica (episódico). Las mil caras de Blanca Portillo (2010), reportaxe. Acusados (2009-2010), como Rosa Ballester. Cuéntame cómo pasó (2007-2008), como Begoña. La noche con Fuentes y cía (2004), como invitada. Un paso adelante (2002), como Rilaura Ruiz. 7 vidas (1999-2004 e 2006), como Carlota Pérez. Más que amigos (1998). Médico de familia'' (1998), episódico.
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2012Mellor actrizConcepción Arenal, a visitadora de cárceresNomeada
Véxase tamén
Ligazóns externas
Entrevista en Sospechosos Habituales Entrevista Twitter persoal da actriz
Categoría:Actores da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963