San Pedro de Maceda é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Melide. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 129 habitantes (68 homes e 61 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 204 habitantes.

O 1 de outubro de 1153 o Conde da Casa de Traba Fernando Arias subscribiu un preito que o mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes mantiña coa dona Lupa Fernández pola posesión da vila de Penela, sita nesta parroquia.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Maceda

Parroquias de Melide

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Melide

Categoría:Parroquias de Melide Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro