Xesús Rodríguez Corredoira de Castro (asinaba artisticamente Xesús Corredoyra), nado en Lugo en 1889 e finado en Portela de Roxos, Santiago de Compostela a principios de decembro de 1939,Rey Alvite, Jesús, "Galicia de luto. Murió su buen pintor", El Compostelano, 7-12-1939, p. 1-2. foi un destacado pintor retratista galego.
Traxectoria Dende mozo destacaron as súas habilidades nas artes plásticas, polo que recibiu unha bolsa da Deputación de Lugo en 1903 para estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde entrou en contacto cos obradoiros de artistas como Joaquín Sorolla, Cecilio Plá ou Ignacio Zuloaga. Participou nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1908 e 1910, e noutras diversas exposicións nacionais e internacionais. Entre 1910 e 1916 a súa obra foi marcada por un intenso sentimento relixioso, época na que comezou a traballar con grandes lenzos, poboados de figuras humanas que miran directamente ao espectador. miniatura|Con Alejandro Padilla, embaixador de España nos EEUU, en marzo de 1927. En 1915 contraeu matrimonio con Mercedes Bahaamonde e instalouse na Coruña. Pouco despois trasladáronse á aldea de Portela, en Santiago de Compostela, onde tivo moito éxito entre o clero e a burguesía. En 1917 foi galardoado coa Segunda Medalla na Exposición Nacional pola obra Schola Cantorum Compostellanae. A popularidade do artista chegou ata a outra beira do océano Atlántico polo que entre 1922 e 1928 viaxou por América, realizando numerosos retratos. A súa obra foi exposta en cidades como Montevideo, Santiago de Chile, Buenos Aires, A Habana, Washington ou Nova York.
Enfermo de gota, volveu a Galicia no ano 1929. Entre 1934 e 1935 preparou dúas exposicións en Madrid e París que non chegaron a realizarse polo estalido da Guerra Civil. Morreu en 1939, ao final da contenda.
Obra Xesús Corredoyra foi considerado por moitos dos seus coetáneos o iniciador da escola pictórica galega. Outorgou á súa obra un carácter espiritualizante e simbólico ata entón nunca visto na pintura galega. Rexeitou o costumismo, tan estendido entre os artistas da época, para destacar os compoñentes anímicos dos personaxes, as cores apagadas e as formas elegantemente estilizadas —en ocasións incluso deformadas— para crear unha atmosfera triste, apagada e espiritual, case onírica. Foi tamén un gran retratista, cun estilo moi característico marcado polo escuro cromatismo e o ambiente propio do seu estilo.
Teñen obras súas, entre outras institucións, o Museo Provincial de Lugo (31 obras),Obras de Corredoyra no Museo Provincial de Lugo. o Museo de Belas Artes da Coruña,Obras de Corredoyra no Museo de Belas Artes da Coruña. o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, a Colección Afundación,Xesús Rodríguez Corredoyra na Colección Afundación. o Museo Provincial de Pontevedra, a Colección BBVA,Ficha e obras do pintor pertencentes á Colección BBVA. o Concello de Santiago de Compostela, o Musée Goya de Castres e o castelo de Santiago de Sanlúcar de Barrameda.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
(1995). "Xesús Rodríguez Corredoira de Castro". Galicia, Arte, Tomo XV: Arte Contemporánea, pp. 212–214, Hércules. ISBN 84-89468-11-7. , Francisco (1981). Plástica Gallega, pp. 136–137. Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3. , Francisco (1981). Pintores gallegos del novecientos. pp. 160–169. Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña. ISBN 84-85858-06-9.
, Beatriz de. "Jesús Rodríguez Corredoyra". Diccionario Biográfico Español. Real Academia da Historia.
Outros artigos
Modernismo Xeración do 98
Ligazóns externas Compendio de bibliografía sobre o autor en pintoresgallegos.com
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público