O Aeroporto de Londres–Luton (anteriormente coñecido como Aeroporto Internacional de Luton) é un aeroporto internacional situado a 2,8 km ao leste do centro de Luton, no condado de Bedfordshire, Inglaterra e a 56,5 km do centro de Londres. O aeroporto está a 3,2 km da saída 10a da Motorway M1. Trátase do cuarto maior aeroporto que serve á zona de Londres despois de Heathrow, Gatwick e Stansted, e é un dos seis aeroportos internacionais de Londre, xunto co da Cidade de Londres e Southend.
En 2013, pouco menos de 9,7 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto, facendo de Luton o sexto aeroporto máis ocupado do Reino Unido. O aeroporto serve como base a EasyJet, Monarch, Thomson Airways e Ryanair. A gran maioría de rutas ofrecidas son dentro de Europa, aínda que hai algúns voos chárter e regulares cara a destinos no norte de África e Asia.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Aeroporto de Londres–Heathrow Aeroporto de Londres–Gatwick Aeroporto de Londres–Stansted Aeroporto da Cidade de Londres Aeroporto de Londres–Southend
Ligazóns externas Páxina oficial do aeroporto
Londres Luton