San Sebastián de Castro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Mesía. Segundo o IGE en 2021 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 138 habitantes.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que fai referencia a unha fortaleza ou poboado fortificado.
Patrimonio No lugar do Lago, hai un pazo do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha pequena capela cun retablo do ano 1842.
Pazo da Casa da Vila, do século XIX, mandado construír por Saturnino Aller Rodríguez, que foi presidente da Deputación da Coruña. Posúe unha boa biblioteca e un observatorio na parte máis alta, pois alí viviu Ramón María Aller Ulloa, coñecido astrónomo, sobriño do antigo dono.
Festas San Sebastián, o 20 de xaneiro. Corpus Christi, o 8 e 9 de xullo.
Lugares e parroquias Lugares de Castro
Parroquias de Mesía
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía
Ligazóns externas Castro na web do concello de Mesía
Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Sebastián Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía