A Baio Ensemble é unha escola privada de jazz fundada en Vigo en 1983 por Alberto Conde, recoñecida como a primeira escola de jazz de Galicia e que deu lugar a varios proxectos e discos.

Historia Creada en 1983 por Alberto Conde, comezou a experimentar cos propios profesores da escola creando diversas formacións coas que actuaron na IV Edición do Festival Internacional de Jazz de Murcia, nos concertos de Jazz Verano'84 como abreconcertos dos Messengers de Art Blakey, no programa Jazz entre amigos de RTVE en 1985 ou no XXI Jazz Festival de San Sebastián no ano 1986, onde conseguiu o segundo premio.

Discos Paisajes (RNE, 1985) Diálogos (1990)

Integrantes Cuchús Pimentel, guitarra eléctrica e flamenca Alberto Conde, piano José Manuel Lojo, trompeta José Miguel Martínez Ogando, saxo alto, soprano e congas Carlos Barruso, saxo tenor, clarinete Modesto Pascual, piano e sintetizadores Francisco Javier Alfageme, baixo Ángel "Gelo" Barrio, batería Santi Quintans, guitarra eléctrica Kely García, guitarra eléctrica Kin García, baixo eléctrico, contrabaixo e congas Paco Charlín, baixo eléctrico Lorenzo Tabarés, baixo eléctrico Charly Lojo, trompeta e fliscornio Fernando Llorca, batería e congas David Barciela, batería Carlos Castro, percusión Marcos Valcárcel, percusión Modesto Pascual, voces Arturo Álvarez, voces Ricardo Davila, piano e sintetizadores

Notas

Categoría:Institucións de ensino musical en Galicia Categoría:Escolas de arte Categoría:Jazz