Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.
Descrición O nome débese á idea que lle deu a Ledo o carpinteiro da súa aldea de Padroso, cando lle dixo: O caso é ir indo.
Ten máis de cincocentos títulos, dentro das coleccións Dicionarios, Galegos na Historia, Narrativa, O Parrulo, Elefante Contacontos, Recursos, Festas na escola, A fraga, Raigame, Letras Hispanas, Clásicos, Cidades-vilas, Guías, Arquivo da Imaxe, Manuais, Nabarquela e Memorias.
Entre os autores editados por Ir Indo están Álvaro Cunqueiro, Francisco Fernández del Riego, Alfredo Conde, Xosé Mª. Álvarez Blázquez, Darío Xohán Cabana, Xosé A. Perozo, Marilar Aleixandre, Tucho Calvo, Moncho Borrajo, Roald Dahl, Robert Musil, Joseph Conrad, Edgar Allan Poe, Lovecraft, Tolstoi, Castelao, Antón Fraguas, Rafael Dieste, Eugenio Granell, Camilo José Cela, Méndez Ferrín, Filgueira Valverde, Torrente Ballester, Rudyard Kipling, F. Scott Fitzgerald e Xulio Verne.
miniatura|300px|DEGU, feito por Ir Indo para La Voz de Galicia.
Obras de consulta Editou entre 1999 e 2006 a Enciclopedia Galega Universal Ir Indo, de dezaseis volumes,"Preséntanse en Compostela os dous últimos tomos da Enciclopedia Galega Universal" 6/4/2006, Consello da Cultura Galega. que tivo versión en liña en Internet."Ir Indo pon na rede a Enciclopedia Galega Universal" 10/7/2008, Consello da Cultura Galega. No ano 2003, por encarga de La Voz de Galicia, editou o Diccionario Enciclopédico Galego Universal (DEGU) de sesenta tomos.
Outras obras de consulta destacadas da editorial son o Dicionario biográfico de Galicia (2010-2011, tres tomos), o Dicionario de Galego Ir IndoCaracterísticas do Dicionario de Galego Ir Indo. ou o Diccionario dos nomes galegos de Xesús Ferro Ruibal et alii.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigo "EDICIÓNS IR INDO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Outros artigos Actividade editorial en Vigo Distribución editorial galega Ligazóns externas Ir Indo na páxina da Asociación Galega de Editores (vía Internet Archive)
Categoría:Vigo sen imaxes