San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.

Patrimonio Igrexa parroquial.|miniatura A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En 1892 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.

En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara a adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre entullos. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.

Muíños do Pozo de Cachón.|miniatura|300px

O muíño de marea do Pozo de Cachón construíuse no primeiro cuarto do século XIX. Logo de estar abandonado, en 1990 iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do século XX funcionaron os Baños de Santa María, un balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.

É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Serres

Parroquias de Muros

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Muros

Categoría:Parroquias de Muros Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán